RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

O triunfo do Infantil B, que consolida o liderado, abriu hoxe a xornada na canteira

Un bo partido de infantís arrancó hoxe venres a xornada na canteira deportivista. O Dépor B, líder do grupo primeiro da Primeira Autonómica con 24 puntos, recibíá o terceiro clasificado, o Oza Xuvenil, igualado a puntos

En Terceira División, o Fabril desprázase o domingo 6 de novembro a Barbadás, ás 16.30 en Vos Carrís. O obxectivo do filial é alcanzar a cabeza da táboa.
 
Esta semana, toca descanso para o Alevín B, na Segunda Comarcal A Coruña.
 
O calendario de partidos, cos resultados de hoxe venres, é o seguinte:
 
Terceira División
 
BARBADÁS - FABRIL, o domingo 6 de novembro ás 16.30 en Vos Carrís (Barbadás)
Clasificación: 1. Rápido de Bouzas e Racing Vilalbés, 23 puntos; 3. Fabril e Arousa, 20 puntos; 5. Barco e Céltiga, 18 puntos...
 
Categoría Feminina
 
SAN MIGUEL CF - DEPORTIVO FEMININO B, o domingo 6 de novembro ás 16.15 no campo da Pirucha de Oia (Pontevedra)
Clasificación da Primeira División Autonómica: ... 11. AlertaNavia, 6 puntos; 12. Deportivo Feminino B e Torre, 4 puntos; 14. San Miguel, 2 puntos; 15. Xuventú Aguiño, 1 punto
 
Categoría Xuvenil
 
XUVENIL A - ALONDRAS, o sábado 5 de novembro ás 17.00 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da División de Honra: 1. Sporting de Xixón, 21 puntos; 2. Celta, 20 puntos; 3. Oviedo, 19 puntos; 4. Xuvenil A, Alondras e Racing de Santander, 18 puntos; 7. Val Miñor, Lugo e Bansander, 17 puntos...
 
CONXO - XUVENIL B, o sábado 5 de novembro ás 16.00 no campo da Mercé (Conxo)
Clasificación da liga Nacional: 1. Celta B, 22 puntos; 2. Porriño, 20 puntos; 3. Pontevedra e Vitoria, 19 puntos; 5. Xuvenil B, 18 puntos; 6. Racing Vilalbés, 16 puntos...
 
Categoría Cadete
 
AREOSA - CADETE A, o sábado 5 de novembro ás 16.00 na Xunqueira (Comesaña)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 27 puntos; 2. Lugo, 25 puntos; 3. Cadete A, 23 puntos; 4. Vitoria, 19 puntos...
 
CADETE B - EF LALÍN, o sábado 5 de novembro ás 10.30 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da liga Galega, grupo 1º: 1. Cadete B (un partido máis) e Calasanz, 20 puntos; 3. Racing de Ferrol B, 18 puntos...
 
Categoría Infantil
 
INFANTIL A - EF LALÍN, o sábado 5 de novembro ás 11.00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da liga Galega, grupo 1º: 1. Racing de Ferrol e Ural, 25 puntos; 3. Infantil A, 23 puntos; 4. Xuventude de Oroso, 22 puntos; 5. Galicia Caranza, 21 puntos...
 
INFANTIL B 4 (Baldomar (2), Adrián Lombao e Iván) - OZA XUVENIL 1
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 27 puntos; 2. Imperátor (un partido menos) e Oza Xuvenil, 21 puntos...
 
Categoría Alevín
 
URAL A - ALEVÍN A, o sábado 5 de novembro ás 12.00 en La Torre 
Clasificación da Primeira Comarcal, grupo 2º: 1. Alevín A, 12 puntos; 2. Ural A (un partido menos) e Calasanz A, 9 puntos...
 
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Alevín B, 12 puntos; 2. Calasanz C, 10 puntos; 3. Ural C (un partido menos) e Luís Calvo C, 9 puntos...
 
Categoría Benjamín
 
CALASANZ A - BENJAMÍN A, o sábado 5 de novembro ás 11.00 na Grela 2
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benjamín A, 15 puntos; 2. Olímpico A, 13 puntos; 3. Calasanz A, Ural A e Vitoria A, 12 puntos...
 
BENJAMÍN B - VITORIA C, o sábado 5 de novembro ás 10.00 en La Torre
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña - As Mariñas: 1. Benjamín B, Atlético Coruña C e Once Cabaleiros B (un partido máis), 9 puntos; 4. Ural C e Raio Sadense B , 7 puntos...