RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A mantén ante o Arosa SC a súa serie goleadora

O Xuvenil A mantén ante o Arosa SC (4-1), en choque correspondente á 6ª xornada na División de Honra, a súa serie goleadora despois do 1-7 da pasada semana en Santiago ante a SD Compostela.

Todo iso nunha semana na que dous xogadores do cadro, Carlos e Hugo Villaverde, estreáronse nun adestramento do primeiro equipo, onte sábado en ABANCA-RIAZOR. Nesa sesión cos profesionais tamén estivo Adrián Guerrero, que pertence ao Xuvenil B aínda que hoxe tivo minutos no A saíndo desde o banco.

Álex Delgado, Montero, Kevin e Ogando foron os goleadores branquiazuis ante o conxunto arosano.

Con este marcador, o equipo de Manuel Pablo suma 14 puntos na segunda praza, a 1 punto do RC Celta, líder con 15.

Xuvenil A: Lemos, Quique Teijo, Manu Berrocal, Vilela, Seydiba, Carreira, Garaboa, Hugo, Kevin, Montero e Álex Delgado. Tamén xogaron: Ogando, Carlos, Pedro, Adrián Guerreiro e Hugo Baldomar.

A próxima fin de semana, o Xuvenil A visita á Ximnástica de Torrelavega.

Os resultados do Xuvenil A en liga até a data son os seguintes:

CD Lugo 1 - Xuvenil A 3 (Hugo Baldomar, Garaboa e Carlos)
Xuvenil A 1 (Kevin) - Atlético Perines 1
CD Marina Sport 1 - Xuvenil A 2 (Hugo e Kevin)
Xuvenil A 1 (Kevin) - Sporting de Gijón 1
SD Compostela 1 - Xuvenil A 7 (Kevin -4-, Hugo Baldomar, Martín Ochoa e Garaboa)
Xuvenil A 4 (Álex Delgado, Montero, Kevin e Ogando) - Arosa SC 1