RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B regresa á competición co punto de mira afinado e golea ao CD Areosa

Após superar o contratempo do COVID-19, o Xuvenil B regresou á competición ligueira na segunda fase da liga Nacional, grupo C de ascenso, cunha vitoria contundente (5-1) fronte ao CD Areosa.

Martín Forján foi o protagonista posto que o pichichi branquiazul anotou catro do cinco tantos do seu equipo. Diego Gómez completou o marcador a favor do Xuvenil B neste encontro correspondente á 3ª xornada que se tiña que xogar o pasado 1 de maio.

Con este resultado, o Xuvenil B suma 58 puntos á fronte da táboa e un partido menos. O RC Celta B, segundo, ten os mesmos puntos pero un partido máis xogado que os deportivistas.

Xuvenil B: Ríos, Nacho, Álex González, Seydiba, Nico, Rubén, Pablo Trigo, Diego Gómez, Martín Ochoa, Hugo Baldomar e Íker Méndez. Tamén xogaron: Canales, Roque, Mato, Marcelo e Adrián Lombao.

O partido do Xuvenil B en Vigo ante o Coruxo FC, correspondente á 4ª xornada disputada na súa totalidade o pasado 8 de maio, xogarase este mércores 19 de maio ás 20:00 no campo de Fragoselo (Vigo).

A última xornada do grupo será o domingo 23 de maio ás 12:00, en horario unificado para todos os partidos con incidencia na clasificación. Nesta xornada, o Xuvenil B recibirá na Cidade Deportiva ao RC Celta B.

Os resultados do equipo que dirixen Alejandro Antón e Aldo Duscher nesta segunda parte da temporada son os seguintes:

Xuvenil B 3 (Diego Gómez e Hugo Baldomar -2-) - ED Val Miñor Nigrán B 0
Alondras CF 2 - Xuvenil B 0
Xuvenil B 5 (Martín Ochoa -4- e Diego Gómez) - CD Areosa 1
Coruxo FC - Xuvenil B, o mércores 19 de maio ás 20:00 horas no campo de Fragoselo (Coruxo, Vigo)