RCD / NOVAS

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

03/03/2019 21:25

Esta fin de semana de Entroido non tiveron competición 5 equipos de #ANOSACANTEIRA: Infantil B, Alevín A, Alevín B, Benxamín A e Benxamín B.

Retornaron á liga o Xuvenil A, Xuvenil B, Cadete A, Cadete B e Infantil A, que a pasada semana tiveron parón debido aos compromisos das seleccións galegas.

De todos eles, Deportivo ABANCA B hoxe domingo (6-0); e Xuvenil A (3-0) e Cadete B (4-2) onte sábado xogaron en Abegondo.

Competiron lonxe da Cidade Deportiva o Fabril, hoxe en Madrid ante o AD Unión Adarve (1-0); e onte sábado: Xuvenil B (0-3 en Redondela), Cadete A (0-2 en Ferrol) e Infantil A (0-3 en Ourense).

Ao filial escapóuselle outra final, esta vez no barrio madrileño do Pilar ante un rival directo, o AD Unión Adarve. Unha volea imparable para Álex Cobo no minuto 57 foi a culpable (1-0). A salvación queda a 11 puntos.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
27ª xornada: AD UNIÓN ADARVE 1 - FABRIL 0

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 22ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 6 (Alba Suárez -2-, Alba Martínez, Carlota, María Calvo e Antía) - SD TORDOIA 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 25ª xornada: XUVENIL A 3 (Jorge, Kilian e Gonçalo) - DEPORTIVO ROCES 0

Liga Nacional, 24ª xornada: CD CHOCO 0 - XUVENIL B 3 (Luque -2- e Do Carmo)

Categoría cadete
División de Honra, 24ª xornada: RACING DE FERROL 0 - CADETE A 2 (Hugo Suárez -2-)

Liga Galega, grupo norte, 24ª xornada: CADETE B 4 (Pablo Trigo -2-, Hugo García e Daniel) - VICTORIA CF B 2

Categoría infantil
Liga Galega, Fase polo Título, 7ª xornada: OURENSE CF 0 - INFANTIL A 3 (Mardones, Mella e Marco Baña)