RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados de #ANOSACANTEIRA de hoxe e calendario para esta semana Santa

Hoxe, festividade de Xoves Santo, multiplicáronse os partidos para #ANOSACANTEIRA nos diferentes torneos amigables programados.

Así, o Xuvenil A e o Alevín B, este equipo case sen descanso despois de lograr o pasado martes a medalla de prata no Torneo do Erizana en Baiona, iniciaron con triunfo a Oviedo Cup.

O Xuvenil B gañou en Sicilia (Italia) o seu primeiro partido do Torneo Internacional Etna Sud; o Cadete A caeu pola mínima en Zaragoza; e o Benxamín A, tras a Primeira Fase de hoxe, compite mañá na Fase de Consolación da Íscar Cup de Medina del Campo (Valladolid).

Para mañá venres queda o Infantil A (Alacante), Infantil B (Dublín) e Benxamín B (Illescas, Toledo).

Pola súa banda, o Alevín A quedou a un paso da final do Mundialito de Cambrils (Tarragona). Caeu nas semifinais ante o Levante, despois dun gran torneo no que acabou cuarto clasificado.

Este é o calendario completo da Semana Santa de #ANOSACANTEIRA:

Xuvenil A

Oviedo Cup (Oviedo)
Primeira Fase
Xoves 13 de abril
JUVENTUD ESTADIO 0 - XUVENIL A 6 (Mosquera -4-, Aarón e Sebas)
XUVENIL A 3 (Porrúa -2- e Sandá) - FÚTBOL BASE FRAGA 1
Venres 14 de abril
13:45: XUVENIL A - UD SAN CLAUDIO (no campo H.F.E. Tensi)
19:45: LA FRESNEDA CF - XUVENIL A (no campo de La Fresneda)
A partir do sábado 15 de abril, os dous primeiros clasificados pasan a disputar a Fase Final Ouro, polo título; o terceiro do grupo xogará a Fase Final Prata; e, finalmente, o resto pelexará polos postos do 25 ao 40.

Xuvenil B

Torneo Internazionale Etna Sud (Sicilia/Italia)
Primeira Fase
Xoves 13 de abril
XUVENIL B 2 (Rojo -2-) - INVICTUS 0
Venres 14 de abril
9:00: VALLETTA FC - XUVENIL B (campo T. del Grifo)
17:30: XUVENIL B - POL. SARNESE '1926' (campo de Mascalucia)
O primeiro de grupo e os tres mellores segundos pasan aos cuartos de final, que se xogan o sábado 15 de abril. O resto de equipos disputará unha Fase de Consolación, o domingo 16 de abril.

Cadete A

Torneo Cesaraugusta (Zaragoza)
Primeira Fase
Xoves 13 de abril
CADETE A 0 - STADIUM CASABLANCA 1
Venres 14 de abril
17:00: CADETE A - REAL SOCIEDAD
O primeiro clasificado xogará a final, contra o primeiro clasificado do grupo A; e o segundo de cada grupo pelexará polo terceiro posto do torneo. Estes dous partidos serán o domingo 16 de abril. Pola súa banda, o terceiro clasificado disputará o partido polo quinto posto, o sábado 15 de abril ás 17:30.

Cadete B
Mondial U15 La Saint Pierre de Nantes (Nantes/Francia, do 19 ao 22 de abril)

Infantil A

MiBalón International Cup (Teulada-Moraira/Alacante)
Primeira Fase
Venres 14 de abril
10:00: INFANTIL A - VALENCIA
14:00: WANDA GROUP - INFANTIL A
20:00: INFANTIL A - GETAFE
Sábado 15 de abril
12:00: CONQUENSE - INFANTIL A
Os dous primeiros accederán a semifinais. O resto de equipos pasará a disputar unha Fase de Consolación, polos postos 5º ao 10º.

Infantil B

Saint Kevin's Boys Academy Cup Tournament (Dublín/Irlanda)
Primeira Fase (as horas son sempre locais, unha hora máis en España):
Venres 14 de abril
11:30: WEST BROMWICH ALBION - INFANTIL B
17:30: INFANTIL B - BARCELONA
Os dous primeiros de grupo pasarán a semifinais, que se disputarán o sábado 15 de abril. O terceiro de grupo xogará o domingo 16 polo quinto e sexto posto.

Alevín A

Mundialito (Cambrils/Tarragona)
Primeira Fase
Domingo 9 de abril
ALEVÍN A 20 (Domínguez -7-, Baña -3-, Noah -4-, Diego -2-, Carlos, Dani, Manu e Mella) - EFB SALOU '2' 0
Luns 10 de abril
ALEVÍN A 3 (Carlos, Mella e Sierra) - SC BRAZIL 1
ALEVÍN A 4 (Domínguez, Meki, Carlos e Noah) - VOLTA REDONDA FC 0
Martes 11 de abril
MUSCAT FA 0 - ALEVÍN A 13 (Domínguez -5-, Meki -4-, Marco Baña, Mella, Dani e Sierra)
ALEVÍN A 12 (Noah -4-, Mella -2-, Sierra -2-, Diego -3- e Manu) - FFA WARSZAWA 0
Mércores 12 de abril
Diecieseisavos de final
ALEVÍN A 5 (Meki -2-, Diego, Sierra e Carlos) - KASHIMA 0
Oitavos de final
ALEVÍN A 4 (Carlos -2-, Meki e Domínguez) - SCHALKE 04 1
Xoves 13 de abril
Cuartos de final
ALEVÍN A 4 (Domínguez -3- e Carlos) - REUS 3
Semifinal
ALEVÍN A 0 - LEVANTE 4

Alevín B

Torneo F8 Erizana CF (Baiona/Pontevedra)
Martes 11 de abril
Primeira Fase
ERIZANA A 0 - ALEVÍN B 2 (Pablo e Dani)
ALEVÍN B 1 (Pablo) - SÁRDOMA 0
ALEVÍN B 5 (Pablo -2-, Samu -2- e Adrián) - PONTELLAS 0
Oitavos de final
ALEVÍN B 0 - VICTORIA DE VIGO 0. Por penaltis: 3-2
Cuartos de final
ERIZANA A 0 - ALEVÍN B 1 (Óscar)
Semifinal
ALEVÍN B 3 (Seco -2- e Samuel) - CORUXO A 1
Final
ALEVÍN B 1 (Estévez) - PABELLÓN A 2

Oviedo Cup (Oviedo)
Primeira Fase
Xoves 13 de abril
FAMEB 1 - ALEVÍN B 2 (Samuel e Óscar)
Venres 14 de abril
13:15: ALEVÍN B - BARAKALDO CF (no campo de San Claudio)
19:45: ALEVÍN B - GAÑADOR F. PREVIA (11) (no campo de San Claudio)
Sábado 15 de abril
9:30: EFMO BOADILLA - ALEVÍN B (en Matalablima)
Ese mesmo sábado 15 de abril, os dous primeiros de grupo xogarán a Fase Ouro; o terceiro clasificado a Fase Prata; e, o resto, pelexará polos postos do 13º ao 20º.

Benxamín A

Íscar Cup (Medina del Campo/Valladolid)
Primeira Fase
Xoves 13 de abril
BENXAMÍN A 1 (Marcos) - EF PALENCIA 2
DALLAS FC 2 - BENXAMÍN A 2 (Álex e Montes)
REAL MADRID 4 - BENXAMÍN A 2 (Álex -2-)
Venres 14 de abril
Fase de Consolación
12:30: BETIS - BENXAMÍN A

Orthopaedikos Cup (Stuttgart/Alemaña, 22 e 23 de abril)

Benxamín B

Torneo Carlos Luis Alonso Arrogante (Illescas/Toledo)
Primeira Fase
Venres 14 de abril
10:15: BENXAMÍN B - TRES CANTOS
11:55: BENXAMÍN B - LUGO FUENLABRADA
12:45: BENXAMÍN B - ILLESCAS C
Os dous primeiros equipos clasifícanse para oitavos de final, que se xogan o sábado 15 de abril.

Torneo Vila de Caldas (Caldas de Reis/Pontevedra)
Domingo 16 de abril
Primeira Fase
12:00: BENXAMÍN B - RACING DE FERROL (campo 1)
14:00: BENXAMÍN B - PABELLÓN DE OURENSE (campo 1)
15:00: BENXAMÍN B - 2º GRUPO A DA XORNADA PREVIA (campo 1)
16:30: BENXAMÍN B - 1º GRUPO B DA XORNADA PREVIA (campo 2)
Os dous primeiros clasificados do grupo pasan a cuartos de final, que se disputan a continuación.