RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados en #ANOSACANTEIRA o mércores e calendario para o xoves, con 5 partidos previstos

Un total de 7 equipos de #ANOSACANTEIRA teñen partido oficial entre semana, aproveitando a festividade de mañá xoves 6 de decembro.

Esta xornada arrincou hoxe mércores co partido do Cadete A ante o Bergantiños CF en Abegondo (6-0); e o partidazo na Leyma entre o Alevín A e e Ural CF A (4-3), os dous primeiros clasificados da Primeira Comarcal A Coruña, neste caso adiantado ao fin de semana debido aos torneos amigables que xogará o equipo deportivista en Laracha (mañá xoves) e Marín (sábado e domingo).

O triunfo do Alevín A (4-3) achégalle ao título desta competición a unha só volta á que lle restan 2 xornadas.

Os demais choques serán mañá xoves 6. O único que xoga en Abegondo é o Xuvenil B, ás 12:00 co Racing Villalbés como rival (12:00 horas).

Compiten lonxe da Cidade Deportiva o Xuvenil A (ás 12:00 en Pontevedra), Cadete B (ás 11:00 en Vilalba); Infantil A (ás 10:15 en San Pedro de Visma 1); e o Infantil B (ás 16:00 na Torre).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría xuvenil

15ª xornada: PONTEVEDRA CF - XUVENIL A, o xoves 6 de decembro ás 12:00 na Xunqueira (Pontevedra)

Clasificación da División de Honra: ... 5. Real Oviedo, 27 puntos; 6. Ural CF, 23 puntos; 7. Xuvenil A, 22 puntos; 8. Deportivo Roces, 18 puntos...

Amigable (xogado o pasado luns): XUVENIL B 2 (Portas -2-) - SELECCIÓN GALEGA SUB-16 1

14ª xornada: XUVENIL B - RACING VILLALBÉS, o xoves 6 de decembro ás 12:00 en Abegondo

Clasificación da liga Nacional: ... 3. Victoria CF, 29 puntos; 4. Pabellón Ourense CF, 27 puntos; 5. Xuvenil B, 25 puntos; 6. CD Conxo e Racing Villalbés, 22 puntos...

Categoría cadete

14ª xornada: CADETE A 6 (Braojos, Novoa, Hugo Suárez, Padín -2- e Nils) - BERGANTIÑOS CF 0

Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 36 puntos; 2. Cadete A, 35 puntos; 3. Ural CF, 31 puntos...

14ª xornada: RACING VILLALBÉS - CADETE B, o xoves 6 de decembro ás 11:00 no Estadio Roca de Vilalba

Clasificación da liga Galega, grupo norte: ... 2. ED  Xuventude de Oroso, 34 puntos; 3. Cadete B e Racing Villalbés, 29 puntos; 5. CF Dumbría, 26 puntos...

Categoría infantil

14ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - INFANTIL A, o xoves 6 de decembro ás 10:15 en San Pedro de Visma 1 (A Coruña)

Clasificación da liga Galega, grupo norte: 1. Infantil A, 39 puntos; 2. Bertamiráns FC, 36 puntos...

16ª xornada: COMPAÑÍA DE MARÍA - INFANTIL B, o xoves 6 de decembro ás 16:00 na Torre (campo 1)

Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 45 puntos; 2. Ural CF B, 37 puntos...

Categoría alevín

9ª xornada: ALEVÍN A 4 (Murilo -2-, Eli e Dani) - URAL CF A 3

Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Alevín A, 25 puntos; 2. Ural CF A, 22 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF A (un partido menos), 18 puntos...