RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Sobrio triunfo do Benxamín A ante o Ural Español CF, un dos rivais directos

O Benxamín A logrou unha traballada vitoria (2-0) ante o Ural Español CF, un dos rivais directos no subgrupo 1º de Primeira A Coruña - As Mariñas.

Hugo Quintela e Thiago López foron os autores dos goles branquiazuis nesta 2ª xornada.

Con este marcador, o equipo que dirixe Jacobo Saco suma 6 puntos de 6 posibles na zona alta da táboa.

Benxamín A: Brais Araújo, Bruno Abelenda, Xiao Fontao, Pablo Sánchez, Thiago López, Hugo Bujía, Alejandro Astray e Miguel Candal. Tamén xogaron: Hugo Quintela, Mateo Carballeira e Javi Meiriño.

O Atlético Coruña Montañeros CF, a próxima semana, será o seguinte rival do Benxamín A.

Os resultados do Benxamín A até a data son os seguintes:

Oza Juvenil SD 1 - Benxamín A 7 (Alejandro Astray -2-, Miguel Candal -2-, Mateo Carballeira, Xiao Fontao e Thiago López)
Benxamín A 2 (Hugo Quintela e Thiago López) - Ural Español CF 0