RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Triunfo dun efectivo Benxamín A ante o Atlético Castros B

O Benxamín A logrou unha efectiva vitoria ante o Atlético Castros B (0-18), en partido correspondente á 4ª xornada na Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo A.

Íker -6-, Yael -5-, Mario -4-, Leo -2- e Nico foron os autores dos goles branquiazuis.

Con este resultado, o Benxamín A é líder do grupo con 9 puntos de 9 posibles, igualado co Ural Español CF A. Ambos os equipos ven as caras precisamente o vindeiro sábado 8 de maio.

Benxamín A: Alejandro Pais, Sergio, Nico, Mateo, Íker, Leo, Yael e Mario. Tamén xogaron: Antón e Brais.

Os resultados do Benxamín A neste grupo son os seguintes:

Benxamín A 13 (Mateo -4-, Yael -4-, Hugo -3- e Nico -2-) - CD Calasanz C 0
Victoria CF C 1 - Benxamín A 13 (Hugo -3-, Yael -3-, Íker -2-, Leo -2-, Mario, Mateo e Antón)
Atlético Castros B 0 - Benxamín A 18 (Íker -6-, Yael -5-, Mario -4-, Leo -2- e Nico)