RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Triunfo sobre o CD Calasanz A e título para o Fabril FC Benxamín no grupo C da Primeira Autonómica A Coruña

O Fabril FC Benxamín impúxose en Abegondo (1-4) ao CD Calasanz A e, a falta dunha xornada, logrou matematicamente o título de campión do grupo C da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito.

Os fabrilistas suman 21 puntos por 15 dos colexiais, os seus inmediatos perseguidores.

Martín, Álvaro, Iván e Javi foron os autores dos goles do Fabril FC Benxamín fronte ao CD Calasanz A.

Fabril FC Benxamín: Roi, David Ramos, Yoel, Martín, Jorge, Javi, Iván e Álvaro. Tamén xogaron: David Gómez e Hugo.

A próxima fin de semana, o Fabril FC Benxamín conclúe a liga co partido ante o Victoria CF B.

Os resultados do Fabril FC Benxamín que dirixen Jacobo Saco e Alberto Bonigno até a data son os seguintes:

CF Deportivo Orzán A 1 - Fabril FC Benxamín 11 (Jorge -3-, Dani -3-, Javi -2-, Álvaro -2- e Martín)
Orillamar SD A 1 - Fabril FC Benxamín 6 (Javi Barral, David Ramos -2-, Martín -2- e Dani)
Fabril FC Benxamín 2 (Jorge e Marcos) - CD Calasanz A 1
Victoria CF B 1 - Fabril FC Benxamín 12 (Álvaro -3-, Martín -3-, Iván -2-, Javi, Jorge, Dani e David Ramos)
Fabril FC Benxamín 10 (David Ramos -2-, Álvaro -2-, Iván -2-, Dani, David Gómez, Hugo e Martín) - CF Deportivo Orzán A 0
Fabril FC Benxamín 6 (Martín -2-, David Gómez -2-, Iván e Javi) - Orillamar SD A 0
CD Calasanz A 1 - Fabril FC Benxamín 4 (Martín, Álvaro, Iván e Javi)