RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Victoria pola mínima do Xuvenil Á o CD Marina Sport

O Xuvenil A impúxose pola mínima (0-1) ao CD Marina Sport cántabro, en choque correspondente á 19ª xornada no grupo 1º da División de Honra.

O partido estivo condicionado polo estado do terreo de xogo do equipo santanderino, o céspede artificial de campo Soto de la Marina, que dificultou aos branquiazuis o seu xogo. Edu Taboada, no minuto 71, foi o autor do único tanto ao cabo definitivo.

Con este marcador, o Xuvenil A mantense na 3ª praza do grupo con 35 puntos.

Xuvenil A: Alberto, Iván, Pedro, Pablo Fraga, Yuste, Fito, Víctor Guerra, Prendes, Edu Taboada, Barba e Sarmiento. Tamén xogaron: Pol, Mario, Luque e Urdiales.

O vindeiro sábado ás 17:00 horas no campo da Cheda, o Xuvenil A visita ao CD Lugo, nun novo partido lonxe de Abegondo.

Os resultados do equipo que prepara Álex Antón son os seguintes:

Real Avilés 0 - Xuvenil A 3 (Gonçalo Oliveira -2- e Edu Taboada)
Xuvenil A 0 - RC Celta 2
TSK Roces 0 - Xuvenil A 1 (Peke)
Xuvenil A 5 (Luque, Mario, Víctor e Sarmiento -2-) - CD Marina Sport 0
Xuvenil A 1 (Peke) - CD Lugo 1
Real Racing Club 0 - Xuvenil A 2 (Mario e Peke)
Xuvenil A 2 (Pol e Víctor Guerra) - Sporting de Gijón 2
Ural CF 3 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 1 (Sarmiento) - Bansander 0
Real Oviedo 1 - Xuvenil A 2 (Edu Taboada e Peke)
Xuvenil A 2 (Sarmiento e Juan Rodríguez) - ED Val Miñor Nigrán 1
Racing de Ferrol 0 - Xuvenil A 1 (Mario)
Xuvenil A 0 - CD Conxo Santiago 1
Atlético Perines 1 - Xuvenil A 1 (Gonçalo Oliveira)
Xuvenil A 0 - CD Calasanz 0
Xuvenil A 6 (Luque, Barba, Edu Taboada, Sarmiento e Noel -2-) - Real Avilés CF 0
RC Celta 2 - Xuvenil A 2 (Sarmiento e Luque)
Xuvenil A 1 (Barba) - TSK Roces 2
CD Marina Sport 0 - Juvenil A 1 (Edu Taboada)