RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

A quenda de penaltis deixou ao Benxamín A a un paso da final do Mini Teresa Herrera

O Benxamín A quedou a un paso da final do Trofeo Mini Teresa Herrera, torneo cuxa final se xogará no Estadio de Riazor o próximo 5 de agosto antes da 72 edición do Trofeo Teresa Herrera entre o Deportivo e o West Bromwich Albion.

Na Cidade Deportiva da Torre, o conxunto deportivista empatou hoxe (2-2) no tempo regulamentario dun igualado encontro ante o Victoria, con tantos de Jairo e Marcos.

Na quenda de penaltis decisiva, estivo máis certeiro o cadro blanquinegro: 3-4.

Benxamín A: Anxo, Jairo, Eli, Erick, Álex, David, Dani e Carlos. Tamén xogaron: Salinas, Pablo Vázquez, Pablo Fernández, Montes, Marcos e Bruno.

Os resultados do Benxamín A no Mini Teresa Herrera deste ano foron os seguintes:

Eliminatoria previa
SAN CRISTÓBAL 1 - BENXAMÍN A 11 (Álex -3-, Jairo -2-, Dani -2-, Marcos, Bruno, Pablo Vázquez e Pablo Fernández)

Oitavos de final
IMPERÁTOR 0 - BENXAMÍN A 7 (Pablo Fernández -2-, Erick -2-, Eli, Montes e Pablo Vázquez)

Cuartos de final
BENXAMÍN A 7 (Álex -2-, Eli -2-, Jairo, Dani e Pablo Fernández) - URAL 5

Semifinal
BENXAMÍN A 2 (Jairo e Marcos) - VICTORIA 2. A penaltis: 3-4.

Esta fin de semana, o Benxamín A compite na sexta edición do Torneo Viajes Clae Cidade de Vilagarcía.