Amigable internacional do Xuvenil B o xoves ante o Hastings United FC inglés
O Xuvenil B disputará o xoves 1 de xuño o un partido amigable no campo 6 de Abegondo, a partir das 17:00 horas.
O seu rival será o Hastings United FC, un equipo inglés que medirá o nivel competitivo do conxunto deportivista, xa subcampión da Liga Nacional a falta dunha xornada.
Precisamente o Xuvenil B finalizará a temporada ligueira este sábado 3 de xuño ás 12:00 no campo de Lourambal en Porriño.