RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Intranscendente derrota do Xuvenil A, xa campión de grupo, en Xixón

O Xuvenil A cultivou en Mareo unha derrota intranscendente ante o Sporting de Gijón (1-0) con motivo da 5ª e última xornada da segunda fase, grupo 1C, da División de Honra.

O conxunto de Óscar Gilsanz viaxou a Asturias a esta última cita como brillante campión de grupo e co billete para a Copa de Campións no peto.

Xuvenil A: Ríos, Trilli, Guille Bueno, Fito, Dani Barcia, Brais Val, Nájera, Mario, Do Carmo, Urdiales e Padín. Tamén xogaron: Mella, Jairo, Raúl, Mauro e Víctor.

O Xuvenil A acabou esta segunda parte da competición con 53 puntos (arrastrábanse os da primeira fase). Gañou dous partidos, empatou dous e perdeu un. En total, os branquiazuis anotaron once goles e encaixaron catro.

Agora chega o reto da Copa de Campións, a guinda a unha gran temporada para o buque insignia de #ANOSACANTEIRA.

Os resultados do Xuvenil A en esta segunda parte da temporada foron os seguintes:

CD Marina Sport 2 - Xuvenil A 2 (Noel -2-)
Xuvenil A 6 (Nájera -3-, Quique Teijo, Mella e Noel) - Club Bansander 0
Atlético Perines 1 - Xuvenil A 1 (Noel)
Xuvenil A 2 (Noel e Yeremay) - Real Racing Club 0
Sporting de Gijón 1 - Xuvenil A 0