RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Máxima igualdade entre Orillamar e Infantil B, os dous primeiros clasificados da Primeira Autonómica

O Orillamar e o Infantil B, os dous primeiros clasificados do grupo 1º da Primeira Autonómomica, empataron (2-2) o seu partido pertencente á 8ª xornada de liga.

Adiantáronse na primeira metade os deportivistas, grazas aos goles de Trigo e Dani. Os do 'Orilla', quizais con máis fortaleza física, igualaron tras o descanso.

Con este resultado, o Orillamar mantén o liderado do grupo con 22 puntos, por 20 puntos o Infantil B.

Infantil B: Marcos, Zerfu, Rubén, Miguel, Diego, Ayana, Baña, Dani, Trigo, Álvaro e Barral. Tamén xogaron: Samuel, Adrián e Zoe.

O Santa María del Mar será o próximo rival do Infantil B.

Os resultados do Infantil B ata a data en liga son os seguintes:

Infantil B 3 (Dani, Trigo e Diego) - Victoria B 2
Atlético Arteixo 0 - Infantil B 3 (Dani, Luis e Héctor)
Infantil B 3 (Marco Baña, Javi Barral e Pablo Trigo) - Sporting Cambre 3
Atlético Coruña Montañeros B 1 - Infantil B 5 (Ayana -3-, Héctor e Diego)
Infantil B 7 (Diego, Marco Baña, Jorge Oreiro, Trigo -2- e Zerfu -2-) - Imperátor B 1
Calasanz B 1 - Infantil B 3 (Barral, Xosé e Adrián)
Infantil B 3 (Marco Baña, Álvaro e Carballo) - Bergantiños B 1
Orillamar 2 - Infantil B 2 (Trigo e Dani)