Neta superioridade do Xuvenil A sobre o Llano 2000
O Xuvenil A goleou (4-0) ao Llano 2000 no primeiro partido ligueiro de 2018. O resultado reflicte a neta superioridade deportivista, que certificou o seu bo partido en Abegondo cos goles de Ortuño -2-, Boedo e Rojo.
Co resultado deste encontro pertencente á xornada 18ª no grupo 1º da División de Honra, o Xuvenil A ascende á segunda posición da táboa con 40 puntos, superado unicamente polo Sporting de Gijón, líder con 45 puntos.
Xuvenil A: Brea, Carracedo, Boedo, Joel, Iago Parga, Sebas, Óscar Lorenzo, Antón, Rojo, Ortuño e Porrúa. Tamén xogaron: Jiménez, Mujaid, Sito e Javi Sandá.
A vindeira fin de semana, o Xuvenil A visita ao Racing Villalbés.
Os resultados até a data do Xuvenil A foron os seguintes:
Xuvenil A 2 (Pedro e Sebas) - Racing de Santander 0 Oviedo 1 - Xuvenil A 1 (Boedo) Llano 2000 1 - Xuvenil A 1 (Iago Parga) Xuvenil A 6 (Mosquera -3-, Ortuño, Sebas e Sito) - Racing Villalbés 1 Alondras 0 - Xuvenil A 4 (Manu, Ortuño e Sebas -2-) Xuvenil A 2 (Mosquera e Javi Sandá) - Bansander 1 Pontevedra 1 - Xuvenil A 1 (Sito) Xuvenil A 6 (Sito, Joel, Manu Mosquera, Porrúa e Pedro -2-) - Santiago de Compostela 1 Lugo 1 - Xuvenil A 0 Xuvenil A 3 (Pedro -2- e Kilian) - Areosa 0 Sporting de Gijón 1 - Xuvenil A 0 Xuvenil A 4 (Pedro -2- e futbolistas rivais en propia meta -2-) - Celta 2 Atlético Perines 3 - Xuvenil A 3 (Manu, Porrúa e Boedo) Xuvenil A 3 (Loren, Antón e Porrúa) - Roces 1 Val Miñor 1 - Xuvenil A 2 (Javi Sandá e Porrúa) Real Racing Club 0 - Xuvenil A 1 (Kilian) Xuvenil A 3 (Pedro -2- e Sito) - Oviedo 0 Xuvenil A 4 (Ortuño -2-, Boedo e Rojo) - Llano 2000 0