RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A amarra o título no subgrupo A de Primeira A Coruña

O Alevín A impúxose (7-0) ao Atlético Coruña Montañeros CF e amarrou o título no subgrupo A de Primeira A Coruña posto que, con este resultado, os deportivistas suman 27 puntos por 16 do 'Monta', segundo clasificado.

Pablo Somoza -2-, Pablo Vara -2-, José Quiroga, Iago Varela e Iago Lameiro foron os goleadores do Alevín A neste encontro correspondente á 9ª xornada.

Alevín A: Lucas López, Hugo, Javi Barral, Lucas Vázquez, Antón, Pablo Somoza, Raúl e Pablo Vara. Tamén xogaron: Martín Forján, Iago Lameiro, Nico, Guille e Iago Varela.

A próxima fin de semana, o Alevín A mídese ao CF Deportivo Orzán.

Os resultados do Alevín A en esta liga son os seguintes:

Alevín A 8 (Raúl -4-, Iago Lameiro -2-, Martín Forján e Antón) - Orillamar SD 0
Club Xesuitinas 1 - Alevín A 5 (Martín Forján -2-, Gabri, Antón e Raúl)
Alevín A 9 (Pablo Vara -2-, Iago Lameiro -2-, Raúl -2-, Martín Forján -2- e Pablo Somoza) - Imperátor OAR 0
Atlético Coruña Montañeros CF 0 - Alevín A 4 (Guille -2-, Gabri e Antón)
Alevín A 4 (Raúl -2-, José Quiroga e Hugo) - CF Deportivo Orzán 0
Orillamar SD 0 - Alevín A 10 (Gabri -3-, Guille -3-, Raúl -2-, Martín Forján e Antón)
Alevín A 4 (José Quiroga, Lucas Vázquez, Antón e Guille) - Club Xesuitinas 1
Imperátor OAR 0 - Alevín A 6 (Iago Lameiro -3-, Raúl -2- e Guille)
Alevín A 7 (Pablo Somoza -2-, Pablo Vara -2-, José Quiroga, Iago Varela e Iago Lameiro) - Atlético Coruña Montañeros CF 0