RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete A estivo de dez en Redondela

O Cadete A obtivo unha vitoria contundente (0-10) en Redondela ante o CD Choco, en partido da 5ª xornada da División de Honra. Juanma -4-, Aye -3-, Do Carmo, Peque e Portas foron os autores dos goles nun partido sen apenas historia.

Con este resultado, que sen dúbida aumentará a confianza dos futbolistas branquiazuis, o Cadete A sitúase na zona alta da clasificación con 11 puntos.

Cadete A: Manu, Roque, Añón, Fito, Juan, Pablo, Peque, Mario, Aye, Juanma e Do Carmo. Tamén xogaron: Íker, Pol, Concheiro, Portas e Melide.

Esta próxima semana haberá dous partidos de liga, aproveitando o día 12 de outubro, festivo. O primeiro deles para o Cadete A será en Abegondo o mércores 11 ás 19:00 ante o Santiago de Compostela, en choque da xornada 6ª.

Os resultados ata a data do equipo que prepara Luís Jiménez son os seguintes:

Val Miñor 3 - Cadete A 3 (Fito, Peke e Mario)
Cadete A 8 (Rares, Roque, Peke, Juanma -2-, Aye, Pol e Mario) - Bergantiños 0
Racing de Ferrol 2 - Cadete A 7 (Do Carmo, Concheiro -2-, Añón, Pol, Portas e Juanma)
Cadete A 1 (Pol) - ED Arousa SD 1
Choco 0 - Cadete A 10 (Juanma -4-, Aye -3-, Do Carmo, Peque e Portas)