RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete A golea e se aúpa ao liderado do subgrupo A2 da División de Honra

O Cadete A goleou ao Arosa SC (5-0), na 2ª xornada da segunda fase, subgrupo A2 da División de Honra, e se aúpa ao liderado.

A falta dunha xornada, os branquiazuis suman seis puntos por cinco do RC Celta e catro do Arosa SC. Pecha a táboa o San Tirso SD, con dous puntos.

O formato desta competición é de liga a unha soa volta. Os dous primeiros accederán ás semifinais, cuxos vencedores xogarán a gran final a partido único en sede neutral.

Ante o Arosa SC, o Cadete A encarrilou o encontro en apenas sete minutos, do 24 ao 31, nos que chegaron os tres primeiros goles, obra de Álex Montero -2- e David Domínguez. Tralo descanso anotaron Álex Delgado e de novo Álex Montero para completar o marcador.

Cadete A: Rodrigo, Santi, Ogando, Martiño, Gabri, Carreira, Álvaro Mardones, Pedro, David Domínguez, Álex Montero e Álex Delgado. Tamén xogaron: Monteagudo, Noah, Dani Sierra e Martín.

O Cadete A pecha esta segunda fase a próxima fin de semana no campo do Monte ante o San Tirso SD.

Os resultados do equipo que prepara Nacho Lourido nesta fase son os seguintes:

Cadete A 1 (Álex Delgado) - RC Celta 1
Cadete A 5 (Álex Montero -3-, David Domínguez e Álex Delgado) - Arosa SC 0