RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril FC Benxamín concluíu en terceira posición a Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito

O Fabril FC Benxamín caeu (2-3) hoxe martes 22 de xuño co Atlético Coruña Montañeros CF A na terceira e última xornada da Fase Final da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito. Javi e David Gómez foron os autores dos goles fabrilistas.

Fabril FC Benxamín: Roi, Hugo, David Ramos, Yoel, Martín, Jorge, Álvaro e David Gómez. Tamén xogaron: Roque, Javi, Iván e Dani.

Nesta Fase Final, que se xogou baixo o formato de liga a unha soa volta, completou o grupo o Benxamín A, xa campión ao derrotar ao Fabril FC Benxamín (6-0) na primeira xornada e ao Atlético Coruña Montañeros CF (0-2) na segunda.

Con estes resultados, o Fabril FC Benxamín pechou este grupo final con cero puntos e concluíu por conseguinte en terceira posición a Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito.

Os tres equipos (Benxamín A, Atlético Coruña Montañeros CF A e Fabril FC Benxamín) accederon a esta fase definitiva após proclamarse campións dos seus respectivos subgrupos na primeira parte da temporada.