RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril FC Benxamín continúa o seu crecemento na liga e non falla ante o Orillamar SD A

O Fabril FC Benxamín continúa co seu crecemento na liga e non fallou no seu partido ante o Orillamar SD A (6-0), correspondente á 8ª xornada na Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo C.

Martín -2-, David Gómez -2-, Iván e Javi foron os goleadores fabrilistas.

Con este marcador, o Fabril FC Benxamín é líder do grupo con 18 puntos de 18 posibles. Segundo na táboa é o CD Calasanz A, que ten 15 puntos. Ambos os equipos ven as caras a próxima fin de semana nun duelo ao grande.

Fabril FC Benxamín: Roque, Hugo, David Ramos, David Gómez, Javi Barral, Martín, Jorge e Iván. Tamén xogaron: Álvaro, Roi e Yoel.

Os resultados do Fabril FC Benxamín que dirixen Jacobo Saco e Alberto Bonigno até a data son os seguintes:

CF Deportivo Orzán A 1 - Fabril FC Benxamín 11 (Jorge -3-, Dani -3-, Javi -2-, Álvaro -2- e Martín)
Orillamar SD A 1 - Fabril FC Benxamín 6 (Javi Barral, David Ramos -2-, Martín -2- e Dani)
Fabril FC Benxamín 2 (Jorge e Marcos) - CD Calasanz A 1
Victoria CF B 1 - Fabril FC Benxamín 12 (Álvaro -3-, Martín -3-, Iván -2-, Javi, Jorge, Dani e David Ramos)
Fabril FC Benxamín 10 (David Ramos -2-, Álvaro -2-, Iván -2-, Dani, David Gómez, Hugo e Martín) - CF Deportivo Orzán A 0
Fabril FC Benxamín 6 (Martín -2-, David Gómez -2-, Iván e Javi) - Orillamar SD A 0