RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A gana en San Tirso e encarrila o seu pase ás semifinais da Liga Galega

O Infantil A foi capaz de remontar en San Tirso (1-2) no segundo partido da segunda fase da Liga Galega, grupo norte A1; e encarrila con este triunfo o pase ás semifinais.

Daniel e Íker Gil foron os autores dos goles deportivistas no Monte, tantos que lle deron a volta ao tanto inicial do futbolista local Abel.

Infantil A: Anxo, Vergara, Sergio, Samuel, Miguel, Álvaro Vicos, André, Iván Barreiro, Brian, Jairo e Daniel. Tamén xogaron: José, Rubén, Íker Gil e Murilo.

A falta dun partido, os branquiazuis son líderes destacados con 8 puntos. Nesta segunda fase, o formato de competición é de liga a unha soa volta e arrástranse os puntos da primeira fase. O campión pasará á semifinal, a partido único; e o vencedor xogará a gran final.

A próxima fin de semana, o Infantil A recibirá en Abegondo ao CD Lugo, o gran rival polo posto nas semifinais.

Os resultados do Infantil A nesta segunda fase da Liga Galega son os seguintes:

Infantil A 7 (André, Brian -2-, Rubén, David e Daniel -2-) - Victoria FC 0
San Tirso SD 1 - Infantil A 2 (Daniel e Íker Gil)