RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil B sofre case ata o final para tombar a un peleón Bergantiños B

O Infantil B tivo que pelexar case ata o asubío final para dobregar a resistencia do Bergantiños B (3-1), en partido da 7ª xornada disputado en Abegondo.

Os branquiazuis sempre foron por diante no marcador, pero, con 2-1, a sentenza definitiva en forma de terceiro gol non chegou ata dez minutos antes do final do choque. Marco Baña, Álvaro e Carballo foron os autores dos goles deportivistas.

Con este resultado, o Infantil B suma 19 puntos e é segundo na clasificación do grupo 1º de Primeira Autonómica, a 2 puntos de distancia do Orillamar, líder con 21 puntos. Precisamente ambos os equipos ven as caras este domingo 15 de outubro na 8ª xornada. O encontro xogarase no campo da Leyma da Coruña (12:00 horas).

Infantil B: Marcos, Diego, Miguel, Eloy, Zoe, Dani, Marco Baña, Carballo, Álvaro, Óscar e Barral. Tamén xogaron: Héctor, Pedre e Iván.

Os resultados do Infantil B ata a data en liga son os seguintes:

Infantil B 3 (Dani, Trigo e Diego) - Victoria B 2
Atlético Arteixo 0 - Infantil B 3 (Dani, Luís e Héctor)
Infantil B 3 (Marco Baña, Javi Barral e Pablo Trigo) - Sporting Cambre 3
Atlético Coruña Montañeros B 1 - Infantil B 5 (Ayana -3-, Héctor e Diego)
Infantil B 7 (Diego, Marco Baña, Jorge Oreiro, Trigo -2- e Zerfu -2-) - Imperátor B 1
Calasanz B 1 - Infantil B 3 (Barral, Xosé e Adrián)
Infantil B 3 (Marco Baña, Álvaro e Carballo) - Bergantiños B 1