RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil B xoga esta fin de semana a Copa Sálvora en Ribeira

O Infantil B compite esta fin de semana na undécima edición da Copa Sálvora, que ser disputa no campo da Fieiteira (Ribeira, A Coruña).

O sábado 10 de xuño terá lugar a Fase de Grupos. O conxunto deportivista está no grupo C, e terá como primeiros rivais ao CCD Taragoña, Sálvora CF e Carreira CF.

O calendario de partidos do Infantil B é o seguinte:

11:40: INFANTIL B - CCD TARAGOÑA
16:20: INFANTIL B - SÁLVORA CF
19:40: INFANTIL B - CARREIRA CF

Os dous primeiros clasificados pasan a cuartos de final, que se xogan xa o domingo 11 de xuño.

O Mundialito de Badaxoz e o Torneo de Carballo, retos para o Alevín A

O Alevín A, reforzado por unha selección de xogadores de varios clubs, participa esta fin de semana no Mundialito de Badaxoz e na décimo terceira edición do Torneo Concello de Carballo.

En Badaxoz, o cadro deportivista terá como rivais na Primeira Fase ao CP Almendralejo A, AD El Tomillar, AD Villa de Moraleja e AD Llerenense.

O calendario de partidos do Alevín A é o seguinte:

Venres 9 de xuño
18:00: ALEVÍN A - CP ALMENDRALEJO A (campo Vivero 1)

Sábado 10 de xuño
9:40: AD EL TOMILLAR - ALEVÍN A (Vivero 1)
12:20: ALEVÍN A - AD LLERENENSE (Vivero 1)
16:40: AD VILLA DE MORALEJA - ALEVÍN A (Vivero 1)

Clasifícanse para cuartos de final os primeiros de cada grupo e os tres mellores segundos. Esta fase xogarase o domingo 11 de xuño.

Finalmente, na décimo terceira edición do Torneo Concello de Carballo, o Alevín A ten este calendario de partidos na Primeira Fase, nas Eiroas:

Venres 9 de xuño
18:35: ALEVÍN A - CAMPIÓN DA FASE PREVIA (campo 2)
20:10: PORTO - ALEVÍN A (campo 2)

Sábado 10 de xuño
12:10: ALEVÍN A - EF LUIS CALVO (campo 1)
13:20: AFA ANGOLA - ALEVÍN A (campo 1)
17:35: ALEVÍN A - REAL MADRID (campo 1)
18:45: SPORTING DE GIJÓN - ALEVÍN A (campo 1)
20:00: ALEVÍN A - CELTA (campo 1)

Domingo 11 de xuño
9:30: REAL SOCIEDAD - ALEVÍN A (campo 2)

O catro primeiros clasificados xogarán a Fase polo Título, mentres que o catro restantes unha Fase de Consolación.

O Cadete B compite no Torneo Malpica Vidú

O Cadete B participará este domingo 11 de xuño na primeira edición do Torneo Malpica Vidú, que se disputa na citada localidade coruñesa da Costa da Morte.

Os partidos terán unha duración de 35 minutos, e serán na modalidade de fútbol once.

O Cadete B quedou encadrado no grupo A, co Pontevedra, a Selección Coruñesa e o GD Chaves. Todos os partidos da Primeira Fase xogaranos os branquiazuis no campo da Pedra Queimada.

O calendario é o seguinte:

10:40: CADETE B - PONTEVEDRA
11:20: SELECCIÓN CORUÑESA - CADETE B
13:20: GD CHAVES - CADETE B

Todos os equipos accederán a cuartos de final, cuxos cruces estarán determinados segundo clasificación nesta Primeira Fase.

O Cadete B acaba de concluír a tempada ligueira como subcampión do grupo norte da Liga Galega.

O Cadete A, no Torneo Internacional Concello de Moraña

O Cadete A, que terminou como subcampión a liga en División de Honra, desprázase este sábado 10 de xuño a Moraña (Pontevedra), para disputar a sétima edición do Torneo Internacional Concello de Moraña.

A competición dispútase no campo municipal de Mirallos, a partir das 9:45 horas.

O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo B, co Vitoria Sport Clube de Portugal e o Coruxo FC.

O calendario de partidos é o seguinte:

10:35: CORUXO - CADETE A
13:55: CADETE A - VITORIA SPORT CLUBE

En horario de tarde, o primeiro de grupo xogará a gran final do torneo contra o primeiro do grupo A, que está formado por Sporting Clube de Braga, Celta e Pontevedra.

Os segundos de grupo disputarán a final de consolación e os terceiros, pelexarán polo quinto posto.