RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A gana en Santander no minuto 93 un partido que tiña perdido

Peor non puido poñerse o partido para o Xuvenil A, que perdía 2-0 ao descanso en Santander ante o Real Racing Club. Pero os branquiazuis non se renderon. Joel recortou diferenzas no minuto 46. Mosquera firmou o empate no ecuador da segunda metade e Pedro, no minuto 93 e con dez xogadores por expulsión de Víctor, puxo o definitivo 2-3 que serviu para amarrar o Xuvenil A os tres puntos.

Con este resultado, o Xuvenil A ascende á terceira posición da táboa no grupo primeiro da División de Honra, con 38 puntos, a 6 puntos do líder, o Sporting de Gijón, que ten 44 puntos.

Xuvenil A: Chema, Víctor, Boedo, Mujaid, Joel, Sebas, Adrián, Javi Sandá, Pedro, Manu e Porrúa. Tamén xogaron: Aarón, Iago Novo, Carracedo e Ortuño.

A próxima fin de semana, o Xuvenil A recibe en Abegondo ao Lugo.

Os resultados ata a data do conxunto deportivista son os seguintes:

Celta A 3 - Xuvenil A 2 (Adri e Iago Novo)
Xuvenil A 1 (Boedo) - Pabellón 0
Bansander 2 - Xuvenil A 1 (Sandá)
Xuvenil A 3 (Sito -2- e Adrián) - Racing de Santander 0
Lugo 0 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 5 (Joel, Adrián, Mosquera, Boedo e un futbolista rival en propia meta) - Santiago de Compostela 2
Xuvenil A 2 (Ortuño e Aarón) - Tropezón 1
Oviedo 4 - Xuvenil A 4 (Pedro -2-, Ortuño e Boedo)
Xuvenil A 2 (Pedro e Boedo) - Sporting de Gijón 1
Roces 1 - Xuvenil A 1 (Boedo)
Xuvenil A 2 (Adrián e Pedro) - Alondras 2
Avilés 1 - Xuvenil A 3 (Boedo, Gandoy e Adrián)
Xuvenil A 1 (Boedo) - Areosa 1
Val Miñor 1 - Xuvenil A 3 (Pedro e Boedo -2-)
Xuvenil A 7 (Mujaid, Adrián -2-, Pedro, Boedo e Mosquera -2-) - Mariña Sport 0
Xuvenil A 0 - Celta 3
Pabellón 1 - Xuvenil A 6 (Mosquera, Porrúa -3-, Pedro e Sito)
Xuvenil A 7 (Mosquera -4-, Porrúa, Pedro e Gandoy) - Bansander 3
Real Racing Club 2 - Xuvenil A 3 (Joel, Mosquera y Pedro)