RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B inicia a segunda fase con triunfo ante o ED Val Miñor Nigrán B

O Xuvenil B arrancou con vitoria (3-0) ao ED Val Miñor Nigrán B a segunda parte da temporada, o grupo C de Ascenso. Diego Gómez e Hugo Baldomar -2- foron os autores dos goles branquiazuis fronte ao equipo vigués.

O equipo deportivista accede como campión do subgrupo A da Primeira Fase. O formato de competición é de liga a unha volta na que os dous primeiros ascenderán á División de Honra.

Os rivais do conxunto que preparan Alejandro Antón e Aldo Duscher son os cinco primeiros clasificados do subgrupo B: Arosa SC, RC Celta B, Coruxo FC, CD Areosa, Alondras CF e o rival desta fin de semana, o ED Val Miñor B.

Xuvenil B: Rodrigo, Nacho, Manu Berrocal, Seydiba, Nico, Rubén, Canales, Diego Gómez, Martín Ochoa, Hugo Baldomar e Álex González. Tamén xogaron: Trigo, Íker Méndez, Roque, Carlos e Marcelo.

A próxima fin de semana, o Xuvenil B visita ao Alondras CF.