RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B logra ante a SD O Val o seu sexto triunfo consecutivo na Liga Nacional

O Xuvenil B mantén a súa serie vitoriosa á fronte do subgrupo A da Liga Nacional. Esta tarde en Narón cumpriu os prognósticos e impúxose (1-3) á SD O Val en choque da 3ª xornada que foi aprazado o pasado 21 de novembro por un caso positivo de COVID-19 no conxunto local.

Rubén abriu o marcador no minuto 26; e o goleador Martín Ochoa, con dous tantos, certificou a vitoria.

Con este resultado, o conxunto que preparan Alejandro Antón e Aldo Duscher suma 18 puntos de 18 posibles. Pleno de triunfos.

Xuvenil B: Lemos, Carlos, Álex González, Seydiba, Nico, Rubén, Íker Méndez, Roque, Martín Ochoa, Diego Gómez e Trigo. Tamén xogaron: Quique Teijo, Marcelo, Mario, Adrián Lombao e Mato.

Este sábado 19 de decembro ás 12:00 en Abegondo, o Xuvenil B recibe ao Victoria CF.

Os resultados do Xuvenil B en liga até a data son os seguintes:

Racing Villalbés 0 - Xuvenil B 4 (Diego Gómez, Embid, Hugo Baldomar e Martín Ochoa)
Xuvenil B 5 (Diego Gómez, Nacho, Trigo, Hugo Baldomar e Adrián Lombao) - EF Lalín 0
SD O Val 1 - Xuvenil B 3 (Rubén e Martín Ochoa -2-)
Xuvenil B 3 (Martín Ochoa -2- e Trigo) - Pontevedra CF 0
CD Lugo B 0 - Xuvenil B 2 (Martín Ochoa e Embid)
Xuvenil B 2 (Álex González e Diego Gómez) - Atlético Coruña Montañeros CF 0