O Xuvenil B, por diante no marcador desde o primeiro minuto, supera ao Victoria Cf
O Xuvenil B impúxose ao Victoria CF (4-0) nun partido correspondente á 10ª xornada na Liga Nacional que se puxo de cara desde o primeiro minuto de xogo, co gol de Padín.
Do Carmo e Nájera -2- completaron o marcador para os branquiazuis, que logran así a súa 5ª vitoria consecutiva.
Con este resultado e os do resto da xornada, os deportivistas ocupan a 4ª praza na clasificación con 19 puntos, a só 3 puntos da 2ª posición.
Xuvenil B: Adrián Pereda, Álex Mellid, Álex González, Carracedo, Mauro, Pablo Martínez, Nájera, Portas, Do Carmo, Jairo e Padín. Tamén xogaron: Nils, Urdiales, Mario e Concheiro.
A próxima fin de semana, o Xuvenil B visita ao UD Ourense.
Os resultados do Xuvenil B que prepara Jaime Sánchez son os seguintes:
Xuvenil B 3 (Noel, Añón e Urdiales) - Alondras CF 4 RC Celta B 1 - Xuvenil B 0 Xuvenil B 4 (Carracedo, Portas, Noel e Padín) - Ourense CF 5 ED Val Miñor B 0 - Xuvenil B 5 (Aye, Noel, Añón, Nájera e Padín) Rápido de Bouzas 3 - Xuvenil B 3 (Aye, Nájera e Noel) Xuvenil B 3 (Nájera, Urdiales e Padín) - CD Lugo B 0 CVC Valladares 1 - Xuvenil B 3 (Noel -2- e un futbolista rival en propia meta) Xuvenil B 3 (Nájera -2- e Do Carmo) - Pontevedra CF 0 Pabellón Ourense CF 1 - Xuvenil B 2 (Do Carmo e Noel) Xuvenil B 4 (Padín, Do Carmo e Nájera -2-) - Victoria CF 0