O Xuvenil B suma os tres puntos nun disputado partido ante o Santa Mariña
O Xuvenil B sufriu para traer os tres puntos de Vigo no seu duelo ante o Santa Mariña (1-2). Rojo e Muri foron os autores dos goles branquiazuis ante un rival que nunca se deu por vencido e apertou ata o asubío final.
Con este resultado, o Xuvenil B segue segundo na Liga Nacional con 48 puntos, por 54 puntos do Celta B, líder do grupo.
Xuvenil B: Antón, Valín, Martín, Jorge, Álvaro, César, Loren, Diego, Rojo, Muri e Kilian. Tamén xogaron: Julián, Íñigo e Rivera.
O próximo fin de semana, o Xuvenil B volve xogar lonxe de Abegondo. Será en Vilalba ante o Racing Villalbés.
Os resultados do Xuvenil B de Pablo López ata a data son estes:
Lugo B 2 - Xuvenil B 2 (Celeiro e Rojo) Xuvenil B 4 (Rivera -2-, Rojo e Kilian) - Barbadás 1 Victoria 1 - Xuvenil B 0 Xuvenil B 2 (Rojo e Muri) - Santa Mariña 2 Xuvenil B 4 (Armas -2-, Valín e Rojo) - Racing Vilalbés 1 Choco 1 - Xuvenil B 2 (Loren e Valín) Xuvenil B 2 (Kilian e Rojo) - Calasanz 0 Coruxo 3 - Xuvenil B 3 (Loren -2- e Antón) Xuvenil B 7 (Rivera (3), Loren, Armas, Rojo e Antón) - Calasancio 2 Conxo 0 - Xuvenil B 4 (Loren, Antón, Kilian e Muri) Xuvenil B 5 (Armas -2-, Rivera, Íñigo e Rojo) - Ourense 0 Arousa 2 - Xuvenil B 2 (Rivera -2-) Xuvenil B 4 (Rojo -3- e Jorge) - Racing de Ferrol 1 Compostela 0 - Xuvenil B 2 (Loren e Rojo) Xuvenil B 0 - Celta B 0 Pontevedra 1 - Xuvenil B 3 (Loren, César e Muri) Xuvenil B 4 (Muri, Rojo -2- e Rivera) - Porriño 0 Xuvenil B 1 (Rojo) - Lugo B 1 Barbadás 0 - Xuvenil B 2 (Rojo e Rivera) Xuvenil 3 (Rojo, Loren e Rivera) - Victoria 0 Santa Mariña 1 - Xuvenil B 2 (Rojo e Muri)