Unha vitoria e un empate, balance do Cadete B na primeira xornada do Mundial Sub-15 de Nantes
Dous equipos de #ANOSACANTEIRA participan esta semana en torneos amigables en Nantes (Francia) o Cadete B; e en Stuttgart (Alemaña) o Benjamín A.
Así, o Cadete B compite desde hoxe na 40 edición do Mundial Sub-15 La Saint Pierre de Nantes. Xogou dous partidos, cun triunfo (2-1 ante o Sympho Foot Reillieres) e un empate (0-0 fronte ao Stade Rennais).
Juan Villamisar, técnico deportivista, aliñou o mesmo once nos dous partidos: Manu, Roque, Añón, Fito, Landeira, Pablo, Rares, Mario, Pol, Concheiro e Docarmo. No primeiro choque tamén xogaron: Jorge, Portas, Toni e Melide. Non houbo cambios no segundo partido.
O calendario do equipo na Primeira Fase, cos resultados de hoxe mércores, é o seguinte:
Mércores 19 de abril CADETE B 2 (Pol e Rares) - SYMPHO FOOT REILLIERES 1 CADETE B 0 - STADE RENNAIS 0
Xoves 20 de abril 9:45: CADETE B - STEAUA BUCAREST (Estadio Saint Pierre) 14:30: CADETE B - AC BASSE GOULAINE (Estadio Du Pin Sec) 21:00: CADETE B - OLYMPIQUE DE MARSELLA (Estadio Saint Pierre)
O venres 21 de abril arrancará a Segunda Fase, segundo clasificación.
Pola súa banda, o Benxamín A quedou encadrado no grupo C da Orthopädikos Cup, con estes equipos: TSV Plattenhardt, FG Seckbach, TSF Ditzingen Weib e FC St. Pauli.
O calendario da Primeira Fase é o seguinte:
Sábado 22 de abril 9:19: BENXAMÍN A - TSV PLATTENHARDT 9:57: FC ST. PAULI - BENXAMÍN A 10:35: TSF DITZINGEN WEIB - BENXAMÍN A 11:51: BENXAMÍN A - FG SECKBACH
A partir de aí, e segundo clasificación, pasarase a unha Segunda Fase.