Arosa SC e Fabril anúlanse en ataque nun entretido partido
O Fabril amarrou un punto (0-0) na sempre difícil visita ao Arosa SC, en partido correspondente á 18ª xornada en Terceira División.
O choque foi moi igualado e, a pesar de non haber goles, foi moi vistoso para os afeccionados que acudiron ao Municipal de Vilaxoán debido ás oportunidades nas dúas porterías.
Con este resultado, o filial deportivista é 6º con 28 puntos aínda que con 1 partido menos, o que foi suspendido o pasado 21 de decembro en Abegondo ante o UD Paiosaco H. Añón debido á alerta metereológica da Xunta de Galicia ese día.
Fabril: Álex Cobo, Valín, Martí Vilà, Bourdal, Iago Parga, Gandoy, Eimil, David Sánchez, Pedro, Villares e Javi Sánchez. Tamén xogaron: Prendes, Aarón Sánchez e Pidlepenets.
A próxima fin de semana, o Fabril recibe en Abegondo ao CD Pontellas.
Os resultados do equipo que dirixe Luisito até a data son os seguintes:
CD Choco 0 - Fabril 0 Fabril 2 (Gandoy e Mario Losada) - Ourense CF 0 CD Arenteiro 0 - Fabril 0 Fabril 4 (Gandoy, Mario Losada -2- e Pedro) - Alondras CF 1 SD Compostela 2 - Fabril 0 Fabril 2 (Aarón e Parga) - CD Barco 3 Bergantiños CF 1 - Fabril 3 (Aarón -2- e Pedro) Fabril 1 (Mario Losada) - UD Somozas 1 Fabril 2 (Villares e Pedro) - Rápido de Bouzas 1 Polvorín FC 1 - Fabril 2 (Mario Losada -2-) Fabril 3 (Aarón Sánchez, Mario Losada e Iago Parga) - UD Ourense 1 CD Estradense 0 - Fabril 2 (Javi Sánchez e Pedro) Fabril 2 (Pedro e Gandoy) - CD As Pontes 1 Silva SD 2 - Fabril 1 (Mario Losada) Fabril 0 - Racing Villalbés 1 CSD Arzúa 2 - Fabril 0 Arosa SC 0 - Fabril 0