RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Benxamín A e Fabril FC Benxamín serán rivais na Fase Final da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito

O Benxamín A e o Fabril FC Benxamín serán rivais na Fase Final da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito. O Atlético Coruña Montañeros CF A completará este grupo. Os tres equipos quedaron campións dos seus respectivos subgrupos na primeira fase.

O formato de competición é de liga a unha soa volta e arranca este xoves 17 de xuño ás 19:00 en Abegondo co choque correspondente á primeira xornada entre os dous equipos deportivistas.

O calendario completo desta Fase Final é o seguinte:

Xornada 1 (17/06/2021)
Benxamín A - Fabril FC Benxamín

Xornada 2 (20/06/2021)
Atlético Coruña Montañeros CF A - Benxamín A

Xornada 3 (22/06/2021)
Fabril FC Benxamín - Atlético Coruña Montañeros CF A