RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Brillante actuación dos equipos de #ANOSACANTEIRA nos torneos amigables de Zaragoza, Lugo e Rianxo

Os equipos de #ANOSACANTEIRA con torneos amigables esta fin de semana estiveron a gran nivel: Infantil A (finalista en Zaragoza); Infantil B (finalista en Lugo); e Benxamín B (finalista en Rianxo).

Infantil A e Valencia pelexan mañá polo ouro en Zaragoza

O Infantil A pelexará pola novena edición do Torneo AB Energía, no Centro Deportivo Puente de Santiago en Zaragoza.

O conxunto deportivista, sobresaliente durante todo o trofeo, xogará mañá domingo (12:00 horas) a final, coa Valencia como rival.

Os resultados do Infantil A foron os seguintes:

Primeira Fase
Sábado 20 de maio
ESPANYOL 1 - INFANTIL A 2 (Álvaro e Noel)
VALENCIA 0 - INFANTIL A 0
ATHLETIC CLUB 0 - INFANTIL A 0

Semifinais
SEVILLA 0 - INFANTIL A 1 (Dani)

Domingo 21 de maio
Final
12:00: INFANTIL A - VALENCIA

O Infantil B, subcampión do Torneo Infantil do CD Lugo

O Infantil B proclamouse hoxe sábado 20 de maio subcampión da primeira edición do Torneo Infantil CD Lugo, que se xogou no campo lucense das Gándaras.

O equipo branquiazul que prepara Iván Vázquez caeu co Celta na quenda de penaltis da final, tras igualar (0-0) o encontro.

Os resultados foron os seguintes:

Primeira Fase
INFANTIL B 1 (Álvaro) - SANTA MARIÑA 0
INFANTIL B 5 (Hugo Baldomar -2-, Quique -2- e Trigo) - IMPERÁTOR 0
INFANTIL B 6 (Dani -3-, Trigo -3- e Roque) - OURENSE CF 0

Cuartos de final
INFANTIL B 2 (Iván e Roque) - URAL A 0

Semifinal
INFANTIL B 3 (Trigo -2- e Álex) - PONFERRADINA 0

Final
INFANTIL B 0 - CELTA B 0. Por penaltis: 1-2

Gran actuación do Benxamín B no Memorial Abel; e mañá quenda para o Alevín A

Alevín A e Benxamín B participan este fin de semana no cuarto torneo de fútbol base Memorial Abel, competición organizada polo Club Deportivo Unión de Rianxo.

O Benxamín B estivo a un gran nivel hoxe sábado 20 de maio.

Os resultados foron os seguintes:

Primeira Fase
BENXAMÍN B 5 (Januz -3-, Xabi e Diego) - TARAGOÑA 1
BENXAMÍN B 4 (Nico, Diego e Januz -2-) - RIVEIRA 1

Segunda Fase
BENXAMÍN B 5 (Diego, Eder, Nico -2- e Januz) - SANTIAGO 0
BENXAMÍN B 6 (Isma, Diego, Raúl, Borja, Íker e Éder) - AGUIÑO 0
BENXAMÍN B 6 (Eder, Diego -2-, Borja, Mosquera e Iago) - BERTAMIRÁNS 0
BENXAMÍN B 2 (Nico e Diego) - CELTA B 1

Semifinais
BENXAMÍN B 2 (Nico -2-) - RIVEIRA 1

Final
BENXAMÍN B 3 (Xabi, Diego e Iago) - ARENAS DE GETXO 3. Por penaltis: 7-8

Mañá domingo a quenda é para o Alevín A. Quedou encadrado no grupo B, co Lugo, Boiro e Aguiño.

O calendario é o seguinte:

Primeira Fase
11:15: ALEVÍN A - LUGO (campo 1)
13:45: ALEVÍN A - AGUIÑO (campo 1)
15:50: ALEVÍN A - BOIRO (campo 1)

Os dous primeiros pasan a cuartos de final, que se xogan a continuación.

A novena praza, obxectivo do Alevín B mañá en Ourense

O Alevín B disputou o pasado venres a Primeira Fase do torneo de fútbol oito 'Ourense a provincia termal', no Estadio do Couto (Ourense).

O conxunto deportivista que prepara Jorge Castro caeu eliminado ante dous equipos formados por xogadores un ano maiores e, mañá domingo 21, pelexará pola novena praza.

O calendario e os resultados dos partidos xa xogados son os seguintes:

Primeira Fase
Venres 19 de maio
ED OURENSE 1 - ALEVÍN B 0
ALEVÍN B 1 (Samuel) - SPORTING BRAGA 2

Partido pola novena e décima praza
Domingo 21 de maio
13.30: ALEVÍN B - VALLADOLID