RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Calendario de #ANOSACANTEIRA do 10, 11 e 12 de marzo

A visita o domingo ás 12:00 do Cerceda, terceiro clasificado, ao Fabril, líder da Terceira División, é sen dúbida o partido máis destacado en #ANOSACANTEIRA esta fin de semana.

Como é habitual, os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

En Abegondo tamén xogan o sábado 11 pola tarde o Xuvenil B e o Cadete A; e o Infantil B pola mañá.

Para os dous primeiros partidos, os socios deportivistas teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada sénior costa 3 euros.

En canto ao resto de categorías, sobresae o domingo a visita do Infantil A, líder da Liga Galega, ao Ural A, segundo clasificado (campo da Leyma); e a do Alevín A as Escolas Luis Calvo A, ambos colíderes do grupo norte do Trofeo Luis Calvo de fútbol once (nas Eiroas, Carballo).

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira División
FABRIL - CERCEDA, o domingo 12 de marzo ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: 1. Fabril, 57 puntos; 2. Rápido de Bouzas, 54 puntos; 3. Cerceda, 53 puntos...

Categoría feminina
UD OURENSE - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 12 de marzo ás 12:00 en Campo da Aira (Velle)
Clasificación: ... 9. Milagrosa, 28 puntos; 10. Deportivo Abanca B, 25 puntos; 11. Arcadia, 19 puntos...

Categoría xuvenil
ALONDRAS - XUVENIL A, o sábado 11 de marzo ás 17:00 no campo do Morrazo (Cangas)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 59 puntos; 2. Sporting de Gijón, 56 puntos; 3. Xuvenil A, 52 puntos; 4. Oviedo, 50 puntos; 5. Lugo, 49 puntos...

XUVENIL B - CORUXO, o sábado 11 de marzo ás 17:30 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: 1. Celta B, 59 puntos; 2. Xuvenil B, 51 puntos; 3. Pontevedra, 45 puntos...

Categoría cadete
CADETE A - CORUXO, o sábado 11 de marzo ás 16:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. Celta A, 70 puntos; 2. Cadete A, 60 puntos; 3. Victoria, 45 puntos...

URAL B - CADETE B, o sábado 11 de marzo ás 10:00 no campo da Leyma (A Coruña)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Calasanz, 57 puntos; 2. Cadete B (un partido máis), 54 puntos; 3. Santiago de Compostela, 47 puntos...

Categoría infantil
URAL - INFANTIL A, o domingo 12 de marzo ás 10:00 no campo da Leyma (A Coruña)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A, 68 puntos; 2. Ural A (un partido menos), 61 puntos...

INFANTIL B - MARAVILLAS A, o sábado 11 de marzo ás 11:00 en Abegondo
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 66 puntos; 2. Imperátor, 56 puntos...

Categoría alevín
ESCOLAS LUIS CALVO A - ALEVÍN A, o domingo 12 de marzo ás 12:00 nas Eiroas (Carballo)
Clasificación do Trofeo Luís Calvo de fútbol once, grupo norte: 1. Ural A, Alevín A e Escolas Luis Calvo A, 15 puntos; 4. Calasanz A (un partido menos), 12 puntos...

SPORTING CORUÑÉS B - ALEVÍN B, o domingo 12 de marzo ás 10:00 en La Torre 2
Clasificación da Segunda Fase, grupo 1º: 1. Alevín B, 19 puntos; 2. Calasanz C, 16 puntos; 3. Ural C, 15 puntos...

Categoría benxamín
BENXAMÍN A - BETANZOS, o sábado 11 de marzo ás 11:00 na Grela 2 (A Coruña)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 58 puntos; 2. Olímpico A (un partido máis), 54 puntos; 3. Victoria A, 52 puntos...

BENXAMÍN B - OBREIRO B, o venres 10 de marzo ás 18:15 en Abegondo
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B, 52 puntos; 2. Ural C (un partido menos), 44 puntos...