RCD / NOVAS

Calendario e resultados de #ANOSACANTEIRA do 23 ao 27 de agosto

24/08/2017 13:47

O primeiro encontro do Fabril esta temporada en Abegondo, no regreso do filial á Segunda División B, é o partido destacado esta fin de semana en #ANOSACANTEIRA. O rival será o San Sebastián de los Reyes, este domingo 27 de agosto ás 12:00 horas.

Os socios do RC Deportivo teñen acceso gratuíto á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

Será o único partido de competición oficial, porque os demais son amigables: Xuvenil A en Santa Cruz de Arrabaldo; e Infantil A, Infantil A San Tirso e Infantil B en Abegondo.

Precisamente o complexo deportivista foi escenario onte mércores 23 de agosto doutros catro encontros de preparación para outros tantos equipos de #ANOSACANTEIRA: Xuvenil A, Xuvenil B, Cadete A e Cadete B.

O calendario de partidos, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
2ª xornada: FABRIL - SAN SEBASTIÁN DE LOS REYES, o domingo 27 de agosto ás 12:00 en Abegondo

Categoría xuvenil
Xogado onte mércores: XUVENIL A 3 (Paulo -2- e Mosquera) - SAN TIRSO (Rexional Preferente) 0

Memorial Manolo Arnoia en Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense)
Sábado 26 de agosto
Semifinal
12:00: XUVENIL A - LUGO

O gañador xoga a final ás 19:00 e o perdedor a final de consolación, ás 17.00 horas

Xogado onte mércores: XUVENIL B 2 (Ernesto e Álvaro) - PLASENCIA (xuvenil) 3

Categoría cadete
Xogado onte mércores: CADETE A 5 - VICTORIA (xuvenil) 1 (Juanma -2-, Do Carmo, Pol e Peke)

Xogado onte mércores: CADETE B 4 (Iago -2-, Nils e Mouriño) - MONTAÑEROS B 0

Categoría infantil
INFANTIL A - BERGANTIÑOS B (cadete), mañá venres 25 de agosto ás 17:00 en Abegondo (campo 7)

INFANTIL A SAN TIRSO - IMPERÁTOR, o sábado 26 de agosto ás 11:00 en Abegondo (campo 6)

INFANTIL B - IMPERÁTOR, o sábado 26 de agosto ás 11:00 en Abegondo (campo 7)