RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

EI Ural CF aperta pero non logra afogar ao Infantil A

O Infantil A sacou os 3 puntos ante un batallador Ural CF (2-4), en partido correspondente á 5ª xornada na Fase polo Título da liga Galega.

Os uralistas asinaron un bo partido e estiveron metidos no marcador practicamente até a recta final do choque.

Domínguez, Mella, Manu Berrocal e Martín foron os autores dos goles branquiazuis.

Con este resultado, o Infantil A lidera o grupo con 15 puntos; por 13 puntos do segundo clasificado, o Pabellón Ourense CF.

Infantil A: Marcos, Diego Sánchez, Carlos, Dani Ferrol, Manu Berrocal, Carreira, Sierra, Marcote, Álvaro, Mella e Domínguez. Tamén xogaron: Martín, Noah, Monteagudo, Marco Baña e Jorge.

A próxima fin de semana, o Infantil A recibe en Abegondo ao EF Portero '2000'.

Os resultados do Infantil A en esta Fase polo Título son os seguintes:

Victoria CF 1 - Infantil A 5 (Martín -2-, Rubén, Mella e Marco Baña)
Infantil A 1 (Mella) - Xuventude de Oroso 0
RC Celta 3 - Infantil A 5 (Mella, Noah -2-, Martín e Meki)
Infantil A 9 (Mella, Domínguez -2-, Carlos -2-, Mardones -2-, Marcote e Martín) - Arosa SC 0
Ural CF 2 - Infantil A 4 (Domínguez, Mella, Manu Berrocal e Martín)