RCD / NOVAS

Esta semana xógase o Torneo Ciudad de La Coruña, con tres equipos de #ANOSACANTEIRA; e a Maspalomas Cup, co Alevín A

26/06/2017 11:05

Esta semana dispútase na cidade deportiva da Torre a 26ª edición do Torneo Internacional Ciudad de La Coruña Trofeo Juan M. Iglesias Mato 'Palau'.

Na competición participan tres equipos de #ANOSACANTEIRA: Cadete A, Alevín B e Benxamín A.

Pola súa banda, na illa de Gran Canaria, hoxe sortéase a Maspalomas Cup 2017, na que competirá o Alevín A branquiazul.

O calendario de partidos xa confirmados é o seguinte:

TORNEO CIDADE DA CORUÑA

Categoría cadete
Sábado 1 de xullo
Primeira Fase
15:45: CADETE A - GALICIA CARANZA (campo 2)
16:30: CADETE A - VICTORIA (campo 2)

Os dous primeiros de grupo pasan a semifinais, que se xogan xa a continuación.

Categoría alevín
Venres 30 de xuño
Primeira Fase
16:00: ORILLAMAR C - ALEVÍN B
17:00: ALEVÍN B - GALICIA CARANZA
18:00: ALEVÍN B - IMPERÁTOR OAR

Os dous primeiros de cada grupo pasan a cuartos de final, que se xogan xa a continuación.

Categoría benxamín
Xoves 29 de xuño
Primeira Fase
16:00: ORILLAMAR C - BENXAMÍN A
17:00: BENXAMÍN A - SPORTING CAMBRE
18:00: BENXAMÍN A - EF LUIS CALVO

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que se disputan inmediatamente.