RCD / NOVAS

Futbolistas e empregados do RC Deportivo reuníronse en Abegondo para o tradicional brinde do Nadal

04/01/2018 19:27

Os futbolistas do RC Deportivo, do Fabril, do Deportivo ABANCA e de #ANOSACANTEIRA reuníronse este xoves ao mediodía na Cidade Deportiva de Abegondo para compartir o tradicional petisco do Nadal.

No acto, ao que asistiu o Consello de Administración en pleno, tamén participou todo o persoal auxiliar (adestradores, preparadores físicos, médicos, fisioterapeutas, delegados, utileros...), así como os empregados doutras áreas do Club (social, comercial, comunicación, protocolo, seguridade...).

Con anterioridade, todos os futbolistas do Club adestráronse nos oito campos da Cidade Deportiva, ademais de noutros dous de fútbol sete.

Á finalización do brinde, foron entregados os premios do concurso do Nadal de debuxo do fútbol formativo, que cumpre a súa sexta edición, coa temática de Nadal e Dépor.

David Carballo Criado (Alevín A), Jairo Riveiro Blanco (Alevín B) e Iago Vázquez Álvarez (Benxamín B) levaron un recordo de mans de Adrián, dianteiro do primeiro equipo deportivista, ademais de todos os demais participantes, membros dos equipos alevíns e benxamíns do Club.