RCD / NOVAS

O Alevín A non pode co RC Celta e é subcampión do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11

28/05/2019 20:46

O Alevín A non puido dobregar ao RC Celta (1-4) na gran final do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11. Murilo anotou o único tanto deportivista neste partido celebrado no campo das Eiroas (Carballo).

Ambos os equipos accederon a esta gran final após proclamarse campións do grupo norte e sur respectivamente.

Alevín A: Anxo, Vergara, Samuel, Marcos, Raúl, Daniel, Jairo, David, Álex, Jorge e Murilo. Tamén xogaron: Martín, Carlos, Xenxo, Erick, Nico Ruiz, Bruno e Rubén.

Os resultados do Alevín A na presente edición do Trofeo Conservas Calvo foron os seguintes:

GRUPO NORTE
Alevín A 2 (Bruno e Cristian) - Atlético Coruña Montañeros CF 0
Escuela Fútbol Racing de Ferrol A 0 - Alevín A 9 (Murilo -3-, Daniel -2-, Cristian -2-, Jorge e David)
Ural CF A 0 - Alevín A 6 (Rubén -2-, Jorge, Daniel -2- e Bruno)
Alevín A 11 (Bruno -2-, Jorge, Erick -2-, Murilo, Daniel, David, Marcos, Raúl e Rubén) - Galicia de Caranza 0
SD Residencia A 1 - Alevín A 7 (Álex, David, Jorge, Murilo, Cristian, Erick e Carlos)
Alevín A 5 (Bruno, Rubén, Jorge, Daniel e Álex) - Oza Juvenil SD 1
CD Calasanz A 3 - Alevín A 3 (Samuel, Jorge e Bruno)
Alevín A 1 (Jorge) - Victoria CF A 2
EF Luis Calvo Sanz A 0 - Alevín A 9 (Murilo -4-, Jorge Santiago -2-, Marcos, Daniel e David)
Alevín A 17 (Rubén -5-, Daniel -4-, Bruno -3-, Cristian -2-, Álex, Xenxo e Vergara) - Atlético Arteixo A 1
CD Lugo A 1 - Alevín A 5 (David, Daniel, Jorge Santiago, Murilo e Rubén)
Alevín A 7 (Daniel -2-, Murilo -2-, Jairo, Samuel e Álex) - San Tirso SD A 1
SDCyR Narón O Freixo 2 - Alevín A 7 (Murilo -3-, Daniel -2-, Jorge e Cristian)
FINAL
Alevín A 1 (Murilo) - RC Celta 4