RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín B supera ao Ural CF C e aumenta a súa vantaxe á fronte da Primeira C

O Alevín B superou ao Ural CF C (1-5) e aumentou a súa vantaxe á fronte da Primeira C. Co marcador deste choque correspondente á 9ª xornada, os deportivistas suman 27 puntos por 21 agora do Victoria CF C, que caeu derrotado nesta xornada polo CD Calasanz C.

Íker, Alberto, Ioan e Yago Trigo -2- foron os goleadores branquiazuis ante o Ural CF C.

Alevín B: Gabriel, Iago Vázquez, Ioan, Joaquín, Paulo, Sergio, Yago Trigo e Íker. Tamén xogaron: Diego, Mauro, Gael, Alberto e Uxío.

A próxima fin de semana, o Alevín B mídese ao Atlético Coruña Montañeros CF C.

Os resultados até a data do equipo que prepara Dani Gesto son os seguintes:

Imperátor OAR B 1 - Alevín B 9 (Yago Trigo -2-, Mauro, Sergio, Nico, Alberto, Íker, Joaquín e Iago Vázquez)
Alevín B 4 (Paulo -2-, Alberto e Joaquín) - Ural CF C 2
Atlético Coruña Montañeros CF C 2 - Alevín B 5 (Alberto, Íker, Uxío, Iago Vázquez e Sergio)
Imperátor OAR C 0 - Alevín B 6 (Joaquín, Ioan, Paulo, Uxío, Íker e Yago Trigo)
Alevín B 4 (Uxío, Alberto, Íker e Gael) - Victoria CF C 0
ADC Obradoiro 0 - Alevín B 5 (Íker -2-, Uxio, Nico e Gael)
Alevín B 8 (Ioan, Gael, Íker -2-, Sergio, Iago Vázquez, Uxío e Xoel) - Imperátor OAR B 2
Ural CF C 1 - Alevín B 5 (Íker, Alberto, Ioan e Yago Trigo -2-)