RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete B resiste en O Monte o empuxe do San Tirso B

O Cadete B resistiu no campo de O Monte o empuxe do San Tirso SD B (2-3), sobre todo na segunda parte deste encontro correspondente á 14ª xornada no grupo norte da liga Galega.

Matos -2- e Nico foron os autores dos goles branquiazuis, todos eles na primeira parte. O San Tirso SD B recortou diferenzas na segunda metade e apertou en busca da igualada. Aguantou finalmente o Cadete B o resultado e quedou cos 3 puntos en xogo.

Con este marcador, o Cadete B suma 38 puntos na cabeza da clasificación.

Cadete B: Unai, Alexis, Xosé, Sierra, Nico, Seydiba, Monteagudo, Lombao, Matos, Iván e Mardones. Tamén xogaron: Andón, Marcote, Domínguez, Marco Baña e Manu.

O sábado 14 de decembro, o Cadete B recibe en Abegondo ao Racing Villalbés.

Os resultados até a data do equipo de David Lagar son os seguintes:

CD Calasanz 1 - Cadete B 1 (Hugo García)
Cadete B 7 (Fer, Raúl, Carlos, Matos -2-, Domínguez e Mardones) - CD Lugo B 0
Escola Estrada Fútbol Base 1 - Cadete B 2 (Xosé e Mella)
Cadete B 2 (Hugo Matos e Mardones) - EFM Concello de Boiro 0
Cadete B 2 (Hugo Matos e Nico) - CD Conxo Santiago B 0
Atlético Coruña Montañeros CF 1 - Cadete B 2 (Iván -2-)
Cadete B 7 (Pablo Parada, Sierra -2-, Marcote, Domínguez e Iván -2-) - Racing de Ferrol B 0
Ural CF B 2 - Cadete B 3 (Iván, Seydiba e Mella)
Cadete B 5 (Monteagudo, Mato -2-, Mardones e Iván) - Bergantiños CF B 1
SCD Milagrosa 0 - Cadete B 2 (Marco Baña e Mardones)
Cadete B 5 (Matos -2-, Marco Baña -2- e Fer) - Imperátor OAR 0
SD Compostela 3 - Cadete B 5 (Sierra, Matos -2-, Mella e Iván)
Cadete B 2 (Domínguez e Iván) - Galicia Caranza 2
San Tirso SD B 2 - Cadete B 3 (Matos -2- e Nico)