RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete B saca adiante con nota o seu partido ante o Escola Estrada Fútbol Basee

O Cadete B apenas pasou apuros (5-1) para liquidar o seu compromiso ligueiro ante o Escola Estrada Fútbol Base, correspondente á 6ª xornada no grupo norte da liga Galega.

Dani, Matos, Suárez -2- e Mella foron os autores dos goles branquiazuis.

Con este marcador, o Cadete B suma 15 puntos e é 4º na táboa, a só 3 puntos do líder, o CF Dumbría, que ten 18 puntos.

Cadete B: Rodrigo, Alexis, Burgos, Gabri, Eloi, Abele, Iván, Lombao, Matos, Dani e Trigo. Tamén xogaron: Hugo, Jacobo, Suárez, Mella e Anxo.

A próxima fin de semana, o Cadete B visita ao Victoria CF B.

A temporada marcha así para o Cadete B:

Calasanz B 4 - Cadete B 1 (Trigo)
Cadete B 6 (Mauro -2-, Trigo -3- e Nils) - Milagrosa 1
Lugo B 0 - Cadete B 1 (Lombao)
Cadete B 2 (Iván e Trigo) - Viveiro A 0
Bergantiños B 1 - Cadete B 2 (Suárez e Trigo)
Cadete B 5 (Dani, Matos, Suárez -2- e Mella) - Escola Estrada Fútbol Base 1