RCD / NOVAS

O Cadete B saca adiante o partido en Vilalba e depende de si mesmo para ser campión

06/05/2017 14:02

O Cadete B foi capaz de sacar adiante a visita ao Racing Villalbés (1-2) e, coa derrota do Calasanz ante o Atlético Coruña Montañeros da semana pasada, depende de si mesmo para ser campión do grupo norte da Liga Galega, con 3 partidos aínda por xogar.

No Estadio Roca de Vilalba, adiantouse o conxunto racinguista no marcador. Os deportivistas, conscientes de que só valía o triunfo, refixéronse e déronlle á volta ao choque con tantos de Docarmo e Fito.

Con este resultado, o Cadete B é segundo na táboa con 70 puntos. O líder, Calasanz, ten 73 e un partido máis xogado. En caso de empate a puntos entre os dous equipos, o Cadete B sería o vencedor.

Cadete B: Manu, Roque, Landeira, Fito, Añón, Martínez, Rares, Mario, Concheiro, Pol e Docarmo. Tamén xogaron: Jorge, Toni, Axel e Portas.

A próxima fin de semana, o Cadete B recibe en Abegondo ao Xuventude de Oroso.

Os resultados do Cadete B na liga son os seguintes:

Cadete B 6 (Roque, Martínez, Mario, Jorge -2- e Portas) - Lugo B 0
Conxo 1 - Cadete B 4 (Docarmo -2-, Concheiro e Landeira)
Cadete B 3 (Martínez, Mario e Iván) - Bertamiráns B 1
Victoria B 1 - Cadete B 3 (Mario, Fito e Rares)
Atlético Coruña Montañeros CF 1 - Cadete B 1 (Roque)
Cadete B 9 (Roque, Espeso, Pol -2-, Iago -2-, Fito, Portas e Iván) - Porto de Burela 0
Viveiro A 3 - Cadete B 1 (Jorge)
Cadete B 4 (Concheiro -2-, Roque e Mario) - Ural B 0
Calasanz 3 - Cadete B 3 (Rares, Fito e Pol)
Cadete B 3 (Martínez, Fito e Rares) - EF Lalín 1
Boiro 0 - Cadete B 2 (Landeira e Roque)
Racing de Ferrol B 0 - Cadete B 3 (Fito, Iván e Espeso)
Cadete B 6 (Mario -2-, Pol, Rares -2- e Iago) - Racing Vilalbés 0
Xuventude de Oroso 4 - Cadete B 1 (Pol)
Cadete B 2 (Rares e Concheiro) - Santiago de Compostela C 3
Dumbría 1 - Cadete B 2 (Pol e Martínez)
Lugo B 0 - Cadete B 4 (Docarmo, Pol -2- e Martínez)
Cadete B 7 (Docarmo -3-, Pol, Concheiro, Fito e Iván) - Conxo 0
Bertamiráns B - Cadete B (Pol, Docarmo e Mario)
Cadete B 4 (Jorge -2-, Portas e Mario) - Victoria B 1
Cadete B 3 (Pol -3-) - Atlético Coruña Montañeros 3
Porto de Burela 2 - Cadete B 6 (Martínez, Pol, Álex M. -2-, Docarmo e Fito)
Cadete B 1 (Portas) - Viveiro A 0
Ural B 1 - Cadete B 1 (Concheiro)
Cadete B 4 (Docarmo -2-, Mario e Concheiro) - Calasanz 1
EF Lalín 1 - Cadete B 2 (Portas e Docarmo)
Cadete B 6 (Axel -2-, Pol, Rares -2- e Álex M.) - Boiro 0
Cadete B 1 (Concheiro) - Racing de Ferrol 0
Racing Villalbés 1 - Cadete B 2 (Docarmo e Fito)