RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O CD Calasanz A frea a un Alevín xa campión da Primeira Autonómica de fútbol once

O CD Calasanz A, segundo clasificado do grupo A da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol once, freou (2-1) a un Alevín deportivista xa campión de grupo.

Os branquiazuis, a falta dunha xornada, suman 18 puntos por 15 os colexiais, que ademais teñen descanso na última cita ligueira.

Paulo foi o autor do único tanto do Alevín ante o CD Calasanz A neste penúltimo encontro correspondente á 9ª xornada.

Alevín: Gabi, Xoel, Iago Vázquez, Joaquín, Sergio, Mauro, Íker, Nico, Uxío, Paulo e Joel. Tamén xogaron: Diego, Ander e Samuel.

O vindeiro sábado 5 de xuño, o Alevín concluirá esta primeira fase da temporada co partido ante o Oza Juvenil SD B.

Os resultados do Alevín até a data nesta competición de fútbol once son os seguintes:

Alevín 10 (Uxío -3-, Paulo -2-, Joel, Sergio, Alberto, Íker e Joaquín) - Victoria CF B 0
Imperátor OAR A 0 - Alevín 14 (Paulo -5-, Alberto -3-, Joaquín -3-, Ander, Íker e Sergio)
Alevín 3 (Paulo, Joaquín e Uxío) - CD Calasanz A 0
Oza Juvenil SD B 0 - Alevín 8 (Alberto -2-, Iago Vázquez, Trigo, Joaquín, Paulo, Gael e Mauro)
Victoria CF B 0 - Alevín 7 (Paulo -3-, Joaquín, Mauro, Ander e Íker)
Alevín 11 (Paulo -4-, Íker -2-, Alberto -2-, Mauro, Joel e Joaquín) - Imperátor OAR A 0
CD Calasanz A 2 - Alevín 1 (Paulo)