RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril arrinca a segunda fase con derrota ante o CD Choco en Abegondo

O Fabril caeu ante o Choco (1-2) no arranque da segunda fase da temporada, no grupo do play off de ascenso.

Adiantouse o Choco aos 4 minutos, cinco antes de que Adri Castro sufrise e transformase un penalti para devolver a igualdade ao marcador.

No arranque da segunda parte volveuse a pór o CD Choco con vantaxe pero os de Juan Carlos Valerón xa non foron capaces de, polo menos, rescatar un punto.

Con este resultado, o Fabril queda cos 32 puntos cos que accedeu a esta fase, en quinta posición do grupo.

Só os dous primeiros clasificados disputarán un play off final de ascenso á Segunda División RFEF contra o catro equipos do grupo de ascenso que non lograron acabar entre os dous primeiros.

O formato de competición é de liga a dobre volta, no que o filial deportivista non se pode enfrontar cos outros dous equipos clasificados do seu mesmo subgrupo na primeira fase: Racing Villalbés e Silva SD; e si contra os outros tres do subgrupo B da primeira fase: CD Estradense, CD Choco e Rápido de Bouzas.

Fabril: Pablo Brea, Iván Guerrero, Juan Rodríguez, David Suárez, Guille Bueno, Sanma, Guedes, Sarmiento, Javi Sánchez, Adri Castro e Yeremay. Tamén xogaron: Kanouté, Pescador, Sarmiento e Boedo.

A próxima fin de semana, a Fabril visita ao CD Estradense.