RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A dobrega a resistencia do CD Calasanz con tres goles na segunda parte

O Infantil A sumou tres novos puntos ao impoñerse (0-3) no campo da Leyma ao CD Calasanz na cuarta xornada do subgrupo B norte da Liga Galega.

André, Daniel e Rubén, todos eles na segunda metade, dobregaron a resistencia do equipo colexial.

Con este marcador, o Infantil A marcha líder do sugbrupo con nove puntos de nove posibles; igualado iso si co Victoria CF. Ambos os equipos veranse as caras en Abegondo a próxima fin de semana.

Infantil A: Martín, Carlos, Sergio, Miguel, Samuel Fernández, Iván, Daniel, André, Murilo, Jorge e Brian. Tamén xogaron: Álvaro, Rubén, David e Hugo.

Os resultados do Infantil A no subgrupo B norte da Liga Galega son os seguintes:

Atlético Coruña Montañeros CF 0 - Infantil A 6 (Murilo -2-, José Rey -2-, Dani e Brian)
Infantil A 3 (José Rey e Rubén -2-) - Ural CF 2
CD Calasanz 0 - Infantil A 3 (André, Daniel e Rubén)