RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil regresa á liga ante a SD Residencia acertado de cara ao gol

Despois de varias semanas sen competir debido a un parón ligueiro e posteriormente a que lle tocaba visita ao CD Castro, retirado da competición, o Infantil regresou ao subgrupo B norte da Liga Galega co punto de mira afinado: 12-1 á SD Residencia A.

Iker Casuso -2-, Janusz -3-, Hugo -4-, Marcos -2- e Íker Fernández foron os autores dos goles deste partido correspondente á 5ª xornada celebrado en Abegondo e sen apenas historia.

Con este resultado, o Infantil suma 12 puntos no máis alto da táboa deste subgrupo.

Infantil: Rodrigo, Guille, Xoel, Íker Fernández, Xabi, Abel, Rubén, Frank, Iker Casuso, Lucas e Janusz. Tamén xogaron: Marcos, Hugo, Iago, Borja e Mosquera.

A próxima fin de semana, a Infantil visita ao Galicia Caranza.

Os resultados do Infantil até a data son os seguintes:

Infantil 3 (Mosquera, Iker Casuso e Janusz) - Ural Español CF 0
CD Lugo 1 - Infantil 3 (Diego -2- e Hugo)
Infantil 8 (Rubén, Marcos -2-, Balbas -2-, Abel, Iker Casuso e Janusz) - San Tirso SD 0
Infantil 12 (Iker Casuso -2-, Janusz -3-, Hugo -4-, Marcos -2- e Íker Fernández) - SD Residencia A 1