RCD / NOVAS

O Xuvenil A encadea en Santander a súa terceira vitoria consecutiva en liga

17/03/2019 13:29

O Xuvenil A encadeou en Santander ante o Bansander (1-3) a súa terceira vitoria consecutiva no grupo 1º da División de Honra.

Gonçalo, Israel e un futbolista rival en propia meta foron os autores dos goles branquiazuis neste encontro correspondente á 27ª xornada.

O Xuvenil A foi superior ao seu rival, sobre todo na segunda metade, e tráese os 3 puntos para A Coruña con todo merecemento.

Con este marcador, o equipo deportivista suma 47 puntos na 6ª praza, os mesmos que o CD Lugo, 5º clasificado; e a 1 punto do 4º, o Ural CF.

Xuvenil A: Brea, Iván, Iñigo, Prendes, Juan, Armas, César, Hugo Novoa, Jorge, Gonçalo e Álex. Tamén xogaron: Israel, Kilian, Chadi e Guillem.

A próxima fin de semana, o Xuvenil A recibe en Abegondo ao Racing de Ferrol.

Os resultados do conxunto que dirixe Javi Álvarez son os seguintes:

Xuvenil A 5 (Prendes -2-, Armas, Álex e Íñigo) - Atlético Perines 0
Oviedo 1 - Xuvenil A 1 (Armas)
Xuvenil A 3 (Israel, Álex e Kilian) - Ural 1
CD Colindres 1 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 1 (Álex) - Val Miñor 0
Lugo 2 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 1 (Litos) - Sporting de Gijón 1
CD Covadonga 2 - Xuvenil A 3 (Prendes, Armas e Valín)
Xuvenil A 1 (César) - Celta 2
CD Roces 0 - Xuvenil A 3 (Kilian -2- e Litos)
Alondras CF 1 - Xuvenil A 1 (Armas)
Xuvenil A 6 (Prendes, Juan -2-, Kilian -2- e Óscar) - Bansander 1
Racing de Ferrol 2 - Xuvenil A 2 (Juan e Armas)
Xuvenil A 0 - Real Racing Club 1
Pontevedra CF 0 - Xuvenil A 2 (Armas -2-)
Atlético Perines 3 - Xuvenil A 2 (Valín e Armas)
Xuvenil A 2 (César e Álex) - Real Oviedo 0
Ural CF 2 - Xuvenil A 1 (Guedes)
Xuvenil A 5 (Armas -3-, Óscar Lorenzo e Litos) - CD Colindres 0
ED Val Miñor Nigrán 0 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 1 (Álex) - CD Lugo 0
Sporting de Gijón 2 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 4 (Kilian, Gonçalo, Iván e Israel) - CD Covadonga 1
RC Celta 3 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 3 (Jorge, Kilian e Gonçalo) - CD Roces 0
Xuvenil A 4 (César -2-, Armas e Israel) - Alondras CF 0
Bansander 1 - Xuvenil A 3 (Gonçalo, Israel e un futbolista rival en propia meta)