RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B tumba ao Racing de Ferrol no tramo final do partido

O Xuvenil B, líder da liga Nacional, logrou derrotar (1-3) ao Racing de Ferrol con tres goles no tramo final do partido: Álex Delgado no minuto 66, David Domínguez no 86 e Carreira no minuto 88. Os racinguistas adiantáronse no marcador no primeiro cuarto de hora de encontro.

Con este marcador, o Xuvenil B manda en solitario na categoría con 15 puntos de 15 posibles.

Xuvenil B: Rodrigo, Álvaro, Gabri, Rubén, Nico, Carreira, Mardones, Pedro, Kevin, Montero e David. Tamén xogaron: Álex Delgado, Adrián Lombao, Ogando, David Domínguez e Marco Baña.

A próxima fin de semana, o conxunto que prepara Alejandro Antón recibe en Abegondo ao CD Lugo B.

Os resultados do Xuvenil B en liga até a data son os seguintes:

Ural Español CF B 0 - Xuvenil B 1 (Álex Delgado)
Xuvenil B 8 (Kevin, Ogando -2-, Lombao, David López -3- e Carreira) - ED Val Miñor B 0
Porriño Industrial CF 1 - Xuvenil B 2 (Kevin -2-)
Xuvenil B 1 (Álvaro Mardones) - RC Celta B 0
Racing de Ferrol 1 - Xuvenil B 3 (Álex Delgado, David Domínguez e Carreira)