RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados en #ANOSACANTEIRA da xornada de liga de onte mércores e hoxe xoves 12 de outubro

Onte mércores 11 de outubro e hoxe xoves 12, festividade da Hispanidade, houbo xornada de liga para seis equipos de #ANOSACANTEIRA: Xuvenil A, Xuvenil B, Cadete A, Cadete B, Infantil A e Infantil B.

Esta xornada entre semana arrincou onte co triunfo (3-0) do Cadete A sobre o Compostela, en partido da 6ª xornada da División de Honra.

Hoxe xoves xogaron, e gañaron, en Abegondo o Xuvenil B (5-0) e Infantil B (3-1), e lonxe da Cidade Deportiva o Cadete B (0-4) e Infantil A (0-4). Só tropezou o Xuvenil A en Pontevedra (1-1), que, a pesar de facer un frouxo partido, salvou un punto.

Os resultados foron os seguintes:

Categoría xuvenil
División de Honra, 7ª xornada: PONTEVEDRA 1 - XUVENIL A 1 (Sito)

Liga Nacional, 6ª xornada: XUVENIL B 5 Rojo -2-, Litos, Borja e Bruno) - COMPOSTELA 0

Categoría cadete
División de Honra, 6ª xornada: CADETE A 3 (Juanma -2- e Peque) - SANTIAGO DE COMPOSTELA 0

Liga Galega, grupo 1º, 6ª xornada: RACING VILLALBÉS 0 - CADETE B 4 (Hugo, Mouriño e Iago -2-)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º, 6ª xornada: EF POLVORÍN A 0 - INFANTIL A 4 (Hugo Baldomar -2-, Pablo Trigo e Quique)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 7ª xornada: INFANTIL B 3 (Marco Baña, Álvaro e Carballo) - BERGANTIÑOS B 1

Categoría benxamín
Amigable: BENXAMÍN B 1 (Yago Trigo) - ESTRADENSE A 2