RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados en #ANOSACANTEIRA do sábado e calendario do domingo, con derbi para o Xuvenil A en Abegondo

O debut de Sergio Pellicer no banco do Fabril e o derbi galego do Xuvenil A ante o Celta son as dúas citas destacadas da fin de semana en #ANOSACANTEIRA, ámbalas mañá domingo.

O filial deportivista, ansioso por escalar posicións, visita (12:00) ao Coruxo FC no campo de O Vao.

Sergio Pellicer, novo adestrador do Fabril, citou aos seguintes xogadores: Álex Cobo, Pedro López, Quique Fornos, Blas, One, Raúl González, Lucas, Carlos López, Sáelles-Lamonge, Mujaid, Diego Villares, Juanje, Víctor, May, Pedro, Montiel, Javi Cobo e Gandoy.

Pola súa banda, o Xuvenil A recibe ao Celta A, líder da División de Honra, en Abegondo ás 17:00 horas.

Para este partido, os socios teñen libre acceso. O público debe pagar 3 euros por entrada.

Hoxe sábado houbo ademais outros tres partidos na Cidade Deportiva, saldados cun empate, o do Cadete B co EF Lalín (1-1); e dous triunfos: o Infantil B á Ciudad Jardín (16-0) e o Deportivo ABANCA B ao SCD Milagrosa (8-0).

Xogaron lonxe de Abegondo hoxe sábado o Xuvenil B (2-1 en Elviña) e Cadete A (0-1 na Grela 1), en ambos os casos ante o Victoria CF.

Un total de 3 partidos de liga en #ANOSACANTEIRA adiántanse á xornada desta fin de semana.

O pasado mércores, o Benxamín A impúxose (0-8) á SD San Tirso A, no campo de O Monte (San Tirso). O choque corresponde á 2ª xornada na Primeira Comarcal A Coruña.

O xoves 25 de outubro, o Infantil A derrotou (7-1) en Abegondo ao San Tirso SD, en partido correspondente á 8ª xornada.

Finalmente, onte venres 26 de outubro na Cidade Deportiva, o Alevín B superou (8-1) ao Atlético Coruña Montañeros CF C, na 2ª xornada da Segunda Comarcal A Coruña.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
10ª xornada: CORUXO FC - FABRIL, o domingo 28 de outubro ás 12:00 en O Vao (Vigo)

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 8ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 8 (Lucía -3-, Antía -2-, María Calvo, Carlota e Rivas) - SCD MILAGROSA 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 9ª xornada: XUVENIL A - CELTA A, o domingo 28 de outubro ás 17:00 en Abegondo (campo 1)

Liga Nacional, 8ª xornada: VICTORIA CF 2 - XUVENIL B 1 (Mario)

Categoría cadete
División de Honra, 8ª xornada: VICTORIA CF 0 - CADETE A 1 (Padín)

Amigable, xogado o pasado mércores: CADETE B 2 (Hugo Baldomar e Jacobo) - IMPERÁTOR OAR A 0 
Liga Galega, grupo norte, 8ª xornada: CADETE B 1 (Matos) - EF LALÍN 1

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 8ª xornada: INFANTIL A 7 (Martín -2-, Yago, Marcote, Mella -2- e Martiño) - SAN TIRSO SD 1

Primeira Autonómica, grupo 1º, 9ª xornada: INFANTIL B 16 (Óscar -2-, Martín -5-, Meki, Carballo -2-, Rubén -2-, Jorge, Murilo, Dani e un futbolista rival en propia meta) - CD CIUDAD JARDÍN 0

Categoría alevín
Primeira Comarcal A Coruña, 3 ª xornada: ALEVÍN A 5 (David -2-, Xenxo, Bruno e Álex) - IMPERÁTOR OAR A 0

Segunda Comarcal A Coruña, 2ª xornada: ALEVÍN B 8 (Xabi -2-, Balbas -2-, Leandro -2-, Íker e Rilo) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF C 1

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 2ª xornada: SD SAN TIRSO A 0 - BENXAMÍN A 8 (Ioan -3-, Pablo -2-, Paulo, Íker e Mauro)

Segunda Comarcal A Coruña, 2ª xornada: OZA JUVENIL SD B 1 - BENXAMÍN B 8 (Rodrigo -2-, Yago -2-, Hugo, José, Javi e Raúl)